O PP rachou o consenso sobre a reforma da CRTVG porque "lles interesa a manipulación informativa"

O PP rachou o consenso sobre a reforma da CRTVG porque "lles interesa a manipulación informativa"

O PP rachou o consenso sobre a reforma da CRTVG porque "lles interesa a manipulación informativa"

A portavoz do Grupo Socialista na comisión da RTVG, María Quintas, acusou ao PP de “rachar o consenso sobre a reforma da CRTVG” porque “lles interesa a manipulación” informativa a través do ente público. Así o dixo no debate, no Pleno do Parlamento, dunha proposición non de Lei para poñer en marcha a nova Lei do ente, rexeitada polo PP.

Quintas denunciou que o PP “quere facer da televisión pública a televisión privada do presidente da Xunta, que opera como un gran gabinete de prensa” ensalzando aos directivos do PP mentres agocha á oposición cunha información parcial e sesgada. A responsable socialista lembrou que a CRTVG absorbe 100 millóns de euros anuais para unha audiencia do 9 por cento, co que “non a ven nin os seus votantes”.

A responsable socialista acusou ao PP de ter bloqueada a nova lei da CRTVG, aprobada o 17 de decembro de 2011, para manter a manipulación da actual dirección. Explicou que “o problema é que a vella Lei quedou abolida pola nova, pero como esta non se aplica non poden ser nomeados un novo director xeral nin un novo Consello”.

Dixo que o PP ten rachado o consenso sobre a nova Lei da CRTVG porque “non lles interesa unha Compañía da RTVG plural e aberta á cidadanía que ofreza información veraz”. Dixo que o PP quere agochar os problemas de corrupción que afectan ao PP, “non queren que se fale dos sobre soldos dos membros do PP, nin de Bárcenas nin dos paseos de Feijóo en iate acompañado dun narcotraficante”.

A parlamentaria socialista lembrou as denuncias de presións sobre os traballadores da compañía por parte da dirección para tratar as informacións políticas de forma sesgada, unha práctica que ten provocado a diminución da credibilidade, nula obxectividade e como consecuencia unha “baixada histórica da audiencia”.

Reclamou un “ente público de calidade e plural, mais democrática” como demostrou o goberno de Zapatero ao constituír unha TVE “mais plural participativa e democrática ata que chegou Rajoy e acabou coa pluralidade”. Dixo que o PP “só defende os servizos públicos cando lles dan un servizo de manipulación informativa que resulta –engadiu- moi caro para un gabinete de prensa que conte o que lle interesa a Feijóo”.

Os socialistas reclamaron a través desta iniciativa a posta en marcha “no prazo dun mes” dos mecanismos previstos para poñer en funcionamento a nova Lei da CRTVG. Quintas desbotou que o prazo sexa precipitado “logo de que tiveran dende o 17 de decembro de 2011 para aplicar a norma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar