O PP racha un acordo sobre igualdade no emprego por defender ao alcalde de Noia e a Baltar

O PP racha un acordo sobre igualdade no emprego por defender ao alcalde de Noia e a Baltar

O PP racha un acordo sobre igualdade no emprego por defender ao alcalde de Noia e a Baltar

O PP antepuxo hoxe os intereses do seu partido a un acordo a favor da igualdade das mulleres no traballo. Este partido rompeu hoxe un acordo no Parlamento para aprazar unha votación e dar tempo a transaccionar unha moción socialista ao lembrarlles as declaracións machistas do alcalde de Noia e a actuación do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.

A portavoz de Emprego, Noela Blanco, lamentou esta decisión e sinalou que “demostra que ao PP non lle gusta escoitar verdades”. Engadiu que este acordo demostraría que “somos capaces de transaccionar” a pesares de que “as políticas do PP non teñan nada que ver coas do PSdeG”.

Blanco criticou a actitude dun PP “permisivo co machismo”, unha afirmación que se negou a retirar “mentres haxa un presidente da Deputación de Ourense que se chame Baltar ou un alcalde de Noia que faga declaracións como as do outro día”.

Criticou as mofas do alcalde de Noia contra as mulleres e que hoxe, “despois de días desaparecido, contraataca utilizando como escusa a retranca galega, o que –puntualizou a deputada socialista- non é retranca galega, é machismo do PP”.

A deputada socialista acusou ao PP de ter “crioxenizado” a lexislación a favor da igualdade aprobada polos gobernos socialistas, en alusión tanto á Lei de Igualdade de Zapatero como á Lei de Igualdade no Traballo de Touriño aprobadas hai dez anos. Sinalou as “políticas antagónicas” entre os socialistas “lexislando para facer unha fábrica de dereitos e liberdades”, e a dereita “que traballa como desguace de dereitos”.

Os socialistas galegos presentaron unha moción na que reclamaron un plan de igualdade no emprego en Galicia para incorporar a mulleres inactivas e paradas ao mercado laboral, para paliar as consecuencias das políticas de Feijóo, que supuxeron que haxa 32.900 mulleres asalariadas menos que o día que tomou posesión.

Blanco propuxo neste sentido un Programa Especial de Emprego Feminino, destinado a mellorar o emprego estable e a redución da parcialidade, que é catro veces superior á dos homes, reducir as desigualdades na incorporación das mulleres ao mercado laboral, reducir a fenda salarial, fomentar o emprendemento, apoiar aos sectores con máis presenza feminina e potenciar a conciliación dan vida laboral e familiar.

Plans de Igualdade

Urxiu ademais a impulsar a implantación de plans de igualdade, co obxecto de “incentivar, non de regalar subvencións sen ningún tipo de control”, que suscitan casos como o da condutora de autobús Nélida Pisco, vítima dun suposto caso de acoso laboral nunha empresa, Autobuses de Calo, que ten contrato co goberno galego e ironicamente conta con plan de igualdade.

Requiriu así “unha labor de vixilancia e inspección sobre as empresas que reciben axudas públicas”, en colaboración coa Delegación Territorial da Inspección de Traballo e”. Tamén propuxo potenciar a integración da igualdade na formación profesional e no ensino universitario mediante actuacións “tendentes a evitar calquera tipo de discriminación, eliminar a segregación profesional e eliminar as desvantaxes das mulleres”.

Os socialistas propoñen priorizar nas políticas activas de emprego a situación das mulleres no medio rural e no sector marítimo – pesqueiro, implantando programas e medidas destinadas á súa efectiva inserción laboral. Lembrou o caso de “Magdalena, unha mariscadora de Pontevedra que recibiu o alta precipitada logo de extirpárselle a mama dereita e que ten que pasar oito horas na auga sen que o Goberno faga nada”.

Solicitou ademais “un monográfico sobre fenda salarial cada 22 de febreiro, o Día para a Igualdade Salarial” para “romper co negacionismo” sobre este fenómeno. Finalmente, lembrou que o 65 por cento das empresas non contan con directivas, e reclamou que se garanta o cumprimento do Decreto 2/2015 de Igualdade para garantir a presenza de mulleres nos consellos de administración das empresas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar