O PP quere tratar a convivencia nas escolas "co castigo e non coa mediación"

O PP quere tratar a convivencia nas escolas "co castigo e non coa mediación"

O PP quere tratar a convivencia nas escolas "co castigo e non coa mediación"

O viceportavoz socialista de educación no Congreso, o deputado galego Guillermo Meijón, reproba a iniciativa que o PP aprobou hoxe en solitario no Congreso para revisar os dereitos e os deberes dos alumnos que -segundo explica- "aborda a resolución de conflitos na escola en clave punitiva".

Durante a súa intervención esta tarde no Pleno, Meijón criticou que "a iniciativa do PP correlacionar a calidade educativa coa existencia dun clima disciplinar nas aulas, que ademais basean no castigo e non na prevención,". "Confunden disciplina con calidade educativa" -afirma.
Neste sentido, sinalou que "o último informe do Consello Escolar do Estado fala de conseguir un bo clima escolar e non un clima disciplinar". "Para ese bo clima escolar -defendeu- o máis efectivo segundo os expertos, é a prevención e un enfoque proactivo". Non obstante, apuntou que "o Goberno de Rajoy suprimiu as actuacións de prevención e de formación que si figuraban no Plan de Actuación do Ministerio do anterior Goberno, o socialista".

Así, recordou que "nos últimos anos diminuíu a conflitividade escolar" e reprochou ao PP "o desprezo do PP ao Observatorio Estatal da Convivencia Escolar creado polo Goberno Socialista en 2007 e que o PP non convocou nin unha soa vez". Por iso, en representación do grupo socialista, Meijón presentou unha emenda coa que solicita que o Goberno encargue ao devandito observatorio un diagnóstico actualizado da convivencia nas aulas.
Do mesmo modo, reprobou a supresión en agosto de 2012 por parte do Goberno de Rajoy dos contidos curriculares de educación para a cidadanía referidos á mediación e resolución pacífica de conflitos, e pediu coa emenda socialista recuperar os devanditos contidos.

Respecto ao concepto autoridade do profesor, Meijón acusou o PP de "confundir autoritas con potestas" e defendeu coa súa emenda que ese concepto se analice cos sindicatos do sector e a comunidade educativa para incorporalo no seu caso ao Estatuto de Función Pública docente.

"A mellor fórmula para mellorar a convivencia nas aulas -sinalou - non é recortar en educación un euro de cada tres, nin reducir de forma drástica o número de profesores nos centros, nin incrementar as ratios nas aulas, nin asestar unha pica de morte á atención á diversidade e á educación inclusiva, nin suprimir os programas de educación compensatoria, nin estrangular a formación do profesorado e as axudas ás asociacións de estudantes e pais e nais".
"Nin as reducións en bolsas e axudas e a suba de taxas -engadiu- na maior acometida contra a equidade do noso sistema educativo; unha equidade que ata agora era o maior valor de

o devandito sistema e coa que ostentabamos un liderado recoñecido nos informes internacionais".

"Parece que Rajoy queda coa fórmula galega de Feijoo e o conselleiro Vázquez para a excelencia: as únicas partidas que soben nos presupostos de educación son a de asesores e a de formación profesional privada".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar