O PP quere enterrarnos como intentaron nas eleccións xerais e non poderán como non puideron en xuño

O PP quere enterrarnos como intentaron nas eleccións xerais e non poderán como non puideron en xuño

O PP quere enterrarnos como intentaron nas eleccións xerais e non poderán como non puideron en xuño

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediu hoxe o voto socialista que supón “o camiño do progreso, da igualdade e da equidade”. Nas súas intervencións primeiro nun mitin en Vilagarcía e despois nun xantar – mitin en Milladoiro –Ames-, xunto a Pedro Sánchez, o candidato dixo que “derrotar ás enquisas depende de nós”, en resposta ás sondaxes que hoxe lle dan maioría absoluta ao PP.

Fernández Leiceaga advertiu que “queren convencernos de que todo está feito pero non é certo porque son os cidadáns os que decidirán o próximo domingo a Galicia que queren”. Sinalou que “o futuro non está escrito, imos escribilo nós co noso voto, e imos conquistalo votando socialista” porque, remachou, “si temos confianza e cremos nas nosas posibilidades o 25 de setembro haberá cambio”.

Achacou o tratamento das sondaxes á estratexia do PP, que “xa quixeron enterrarnos nas eleccións xerais e non o conseguiron”, cando tódalas previsións anunciaban un sorpasso e os socialistas galegos consolidáronse como segunda forza. Conxurou á esquerda a “derrotar ás enquisas, porque depende de nós” fronte a un Feijóo que “é do PP aínda que queira ocultalo, como Barberá, Camps, Fabra, Gürtel e Bárcenas”.

Na súa intervención de hoxe, advertiu que “estou aquí contra todo prognóstico, e contra todo prognóstico liderarei o cambio en Galicia” para levar ao goberno galego un “cambio tranquilo, solvente e confiable como só podemos ofrecer os socialistas”.

Animou aos asistentes a impulsar o “cambio urxente e imprescindible” para conseguir unha Galicia “máis próspera e solidaria, máis grande, que pise máis forte e que mire máis lonxe”. Chamou a parar o goberno de Feijóo, de parálise, de recortes e de resignación e de poñer Galicia ao servizo de Rajoy e dos Baltar, de aqueles en definitiva “aos que non lles interesa dar resposta aos problemas dos galegos e das galegas”.

Fernández Leiceaga interveu esta mañá en dous actos, un mitin en Vilagarcía e un xantar mitin en Milladoiro –Ames-, acompañado polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez. En Arousa tamén interviñeron o candidato número 3, o vilagarcián Julio Torrado, e o alcalde, o socialista Alberto Varela.

A continuación se dirixiron a Milladoiro, onde estiveron acompañados polo alcalde, o tamén socialista José Miñones. Xa pola tarde Leiceaga se dirixirá a Camariñas, onde visitará o Museo do Encaixe de Camariñas e terá un acto político xunto ao alcalde, Manuel Alonso de León, e rematará a xornada cun acto político en Noia xunto co ex alcalde Miguel Paz e a número 8 da candidatura, Teresa Porrit.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar