O PP quere cambiar o modelo universitario para beneficiar ao ensino privado

O PP quere cambiar o modelo universitario para beneficiar ao ensino privado

O PP quere cambiar o modelo universitario para beneficiar ao ensino privado

UniversidadeA portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, dixo que o novo sistema universitario que quere impoñer o goberno co beneplácito da Xunta “beneficia ás universidades privadas”. Así o dixo no debate en Comisión dunha proposición non de Lei para que a Xunta se reúna cos tres reitores galegos e traslade a súa proposta ao goberno central, que foi rexeitada polo PP.

Burgo advertiu que a implantación deste novo modelo sumirá “no caos e a confusión” ás universidades e alumnos, que aínda esán implantando o modelo de 4 anos de grao e un de master –consensuado en 2007- polo moito mais caro e carente de consenso de 3 anos de grao e dous de master.

Explicou que esta proposta conta co informe negativo da Conferencia de Reitores Universitarios de España –CRUE- que vén de trasladarlle a súa oposición á reforma ao goberno central. A deputada socialista acusou ao goberno galego de amparar un modelo dirixido a trasladarlle aos estudantes o custe do ensino superior, xa que o master triplica o custe do grao.

Criticou que o sistema sexa presentado “precisamente nun momento de redución e endurecemento das condicións para acadar unha bolsa de estudos, de incremento das taxas e de crise nas economías familiares”. Lembrou que a proposta está incluída nas 255 medidas de aforro presentadas polo goberno de Rajoy para reducir o financiamento público das universidades e quere ser imposto agora polo Goberno.

Dixo que o PP “quere atacar ao modelo de universidade pública e camiñar a unha Universidade de elite á que só poidan acceder os cidadáns con maior poder adquisitivo, perdendo a Universidade o seu papel de motor da equidade e da igualdade de oportunidades”.

Burgo puntualizou que o proceso constitúe “unha nova proba da irresponsabilidade” coa que actúa o PP con este cambio substancial na organización dos estudos universitarios. Lembrou que é presentada “sen ningún estudo previo, sen ningunha análise das vantaxes e inconvenientes do cambio, sen medir as consecuencias para universidades e estudantes e sen ningunha planificación nin a curto nin a longo prazo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar