O PP provocou a caída de audiencias e ingresos da CRTVG ata cuestionar a súa viabilidade

O PP provocou a caída de audiencias e ingresos da CRTVG ata cuestionar a súa viabilidade

O PP provocou a caída de audiencias e ingresos da CRTVG ata cuestionar a súa viabilidade

crtvgO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu que os anos de goberno do PP provocaron unha caída da audiencia da CRTVG a mínimos históricos, arrastrando a caída dos ingresos co risco de poñer en dúbida a súa viabilidade. Así o dixo na comparecencia dos candidatos ao Consello de Administración do ente, hoxe no Parlamento.

O responsable socialista propuxo unha estratexia baseada na mellora tecnolóxica de cara á dixitalización das emisións e a “reconsideración do perfil das audiencias da TVG”. Advertiu que mentres os espectadores son fundamentalmente rurais, de idade media avanzada e formación en xeral baixa, os anunciantes buscan públicos urbanos, consumistas e mais novos.

Esta contradición provocou a caída dun 50 por cento nos ingresos publicitarios, unidos á redución dun 25 por cento dos ingresos procedentes do goberno dun ente que se financia nun 90 por cento con cargo a fondos públicos. Do contrario, a continuidade será “cada vez mais insostible en termos sociais, cada vez mais difícil de xustificar” porque “o custe por espectador é cada vez mais alto e contrario á lóxica matemática”.

Méndez Romeu chamou a ampliar e diversificar a audiencia “mantendo o actual público e engadindo novos espectadores” para garantir un “target urbano, con maior poder adquisitivo, mais nova e cualificada”. Polo momento, dixo, “prima unha visión da sociedade rural, con noticias sobre sucesos, contidos costumbristas e unha programación “en xeral cos problemas da sociedade urbana ausentes”.

Advertiu que “a realidade é que a oferta da TVG está dirixida ao perfil dun público que corresponde co perfil de votantes do partido do goberno”, a costa da caída drástica da audiencia e dos ingresos publicitarios.

Pluralismo

O responsable socialista criticou a falla de pluralismo político e social tanto nos espazos informativos como no resto da programación da grella, que levan á dita caída das audiencias. Alertou que mesmo os programas de debate sobre actualidade teñen unha menor audiencia que os ofrecidos á mesma hora por outras televisións públicas, privadas “e mesmo privadas galegas”.

Advertiu que o medio público afronta a nova etapa logo de ter fracasado nos obxectivos fundacionais de potenciar a lingua, desenvolver a cultura e reflectir o pluralismo das valoracións da sociedade galega.

Méndez Romeu replicoulle ás críticas do resto dos grupos da oposición sinalando que “a gran coalición coa que vostedes soñan non se vai ver” e lembrou as “vintetantas coalicións de goberno que apoiamos en Galicia” co resto dos grupos de esquerda. Confirmou que “faremos o posible para que sigan funcionando os principios programáticos que temos acordado nas deputacións e os concellos” dentro e fora de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar