O PP prorroga a crise e forza o empobrecemento de Galicia impedindo a reindustrialización

O PP prorroga a crise e forza o empobrecemento de Galicia impedindo a reindustrialización

O PP prorroga a crise e forza o empobrecemento de Galicia impedindo a reindustrialización

Sector Naval. Astilleros. AsteleirosO portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu que o PP está a prorrogar a crise e forzar o empobrecemento de Galicia ao impedir unha estratexia de reindustrialización centrada no emprego cualificado. Así o dixo no debate dunha moción na que reclamou unha serie de medidas dirixidas a impulsar a política industrial do goberno galego e que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista advertiu que o goberno galego e o PP permanecen “desconectados da realidade” ao “pretender vender en Galicia a industria 4.0”, un concepto de produción tecnolóxica altamente cualificado no que tan só participan empresas puntuais de Alemaña e dos Estados Unidos, mentres Galicia continúa á cola do Estado no Índice de Produción Industrial.

Losada salientou que de acordo cos datos do IPI de setembro a industria galega volveu caer un 2,3 por cento, mentres a media do Estado medrou un 3,6 por cento, co que “levamos sete meses consecutivos na cola de España”. Explicou que de acordo coa última Enquisa de Poboación Activa Galicia recuperou 1.800 empregos no sector industrial, “absolutamente insuficiente” para recuperar os 50.000 que perdeu con Feijóo.

Criticou a contradición do PP de ser capaces de “combinar sen pestañear o libre mercado coa existencia de conseguidores relacionados co poder para conseguir facturación para as empresas”. Aludiu así ao presunto conseguidor de concesións irregulares investigado na Operación Zeta, Pachi Lucas, íntimo amigo do presidente da Xunta.

Dixo que o PP “é capaz de combinar a industria 4.0 co feito absolutamente vergoñento de que se estean a asinar convenios fora do convenio sectorial das empresas auxiliares da automoción en Beiramar –Vigo-”. “O obxectivo –continuou- é que vostedes gobernan para algúns” e engadiu que con razón Botín estaba moi contento coa política económica de Rajoy, que lle garantiu uns beneficios do 32 por cento en plena crise económica.

Moción

A moción presentada por Losada reclamáballe ao goberno galego que traslade ao Parlamento a Axenda para a Industrialización de Galicia para abrila ás aportacións dos grupos parlamentarios, ademais de desenvolver un Programa de Calidade Social e Laboral da empresa Galega, que inclúa a mellora da contratación e garantías de mellora das condicións laborais nas empresas que concorran a concurso de axudas públicas.

Tamén reclamou que o goberno galego desenvolva o Programa de Racionailzación do Financiamento Empresarial antes do inicio do próximo período de sesións, así como o desenvolvemento dun Programa de Sostibilidade Enerxética para Empresas e Familias, con liñas de apoio ao autoconsumo eléctrico e un plan de desenvolvemento da enerxía procedente da biomasa.

Losada quere que o goberno galego defenda diante do Executivo central a necesidade de encetar políticas expansivas de crecemento para recuperar a demanda agregada e así reactivar a economía e a creación de emprego. Tamén advirte da urxencia de que o BCE incremente o diñeiro en circulación para “favorecer a dilución da débeda, a depreciación do euro e o incremento das exportacións”.

Tamén solicitaba o incremento das dotacións orzamentarias para a recuperación e impulso en materia de I+D “co obxectivo de chegar canto menos no ano 2017 aos niveis de financiamento público en I+D+i do ano 2009.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar