O PP privatiza os rexistros civís para defender os intereses das empresas da súa órbita

O PP privatiza os rexistros civís para defender os intereses das empresas da súa órbita

O PP privatiza os rexistros civís para defender os intereses das empresas da súa órbita

Rexeitan unha iniciativa socialista para pedirlle ao goberno central a paralización da privatización

Beatriz Sestayo advirte de intereses particulares de altos cargos relacionados con este partido coa venda de programas de dixitalización do rexistro

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, criticou hoxe que o PP defenda os intereses das empresas privadas “na órbita do PP e encargadas de programas informáticos” a costa de privatizar os rexistros civís. Así o dixo na Comisión Institucional do Parlamento de Galicia no debate dunha proposición non de Lei do PSdeG para paralizar dita privatización, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista propuxera unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta se dirixa ao goberno central e “lle esixa que non se proceda á privatización dos rexistros civís”. Sestayo esixiulle ao PP e ao goberno galego que defendan o mantemento do acceso universal da cidadanía aos rexistros civís nas mesmas condicións.

Alertou que “hai cuestións que nunca deben saír da órbita pública” como é o caso dos rexistros civís, que “conteñen datos especialmente sensibles” sobre a cidadanía. Advertiu que o PP vai poñer en risco estes datos co obxecto de defender os intereses das empresas privadas e de sinalados persoeiros do partido na venda dos programas de dixitalización dos rexistros civís.

Acusou ao PP de buscar “converter un servizo público necesario para a cidadanía nun foco de emprego para o sector dos rexistradores, tan próximos a Rajoy, e buscando negocio a costa de programas informáticos que pagamos todos e todas”.

Mala fe de Rueda

Sestayo cuestionou que os responsables do goberno galego continúen a negar dita privatización mentres o ministro de Xustiza xa o está a debater cos colexios de avogados, procuradores, xuíces e mesmo coas multinacionais interesadas no negocio. Dixo que dita actitude “como mínimo cuestiona a validez do conselleiro responsable, o señor Rueda, que ou ben actúa por mala fe ou por falla de información”.

Lembrou que este mesmo conselleiro foi o mesmo que acusou aos socialistas de provocar alarma social ao anunciar o taxazo xudicial ou mesmo a modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial para suprimir os partidos xudiciais, dúas reformas xudiciais de calado aplicadas polo PP que recortan os dereitos básicos dos cidadáns.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar