O PP privatiza os laboratorios de ética nunha demostración da "perigosa unión de falla de ética e "bisnes"

O PP privatiza os laboratorios de ética nunha demostración da "perigosa unión de falla de ética e "bisnes"

O PP privatiza os laboratorios de ética nunha demostración da "perigosa unión de falla de ética e "bisnes"

Abel Losada cita a Celso Emilio Ferreiro para censurar unha “decisión inexplicable” de Feijóo tomada “porque me peta e quero e me da a gaña”

O deputado socialista Abel Losada criticou hoxe a “falla de ética e bisnes” que suma a decisión do goberno de Feijóo de abrir a porta á privatización dos laboratorios de análise clínica, hematoloxía e microbioloxía do Hospital de Vigo”. O deputado vigués preguntou polo traslado dos laboratorios centrais do novo hospital ao Meixoeiro, a 10 quilómetros de distancia.

O responsable socialista advertiu da “combinación sempre perigosa” na “decisión inexplicable” do goberno galego que, dixo, “non vaia ser que teña algo que ver con todas esas sociedades anónimas que empezan a pulular polo Hospital de Vigo”. Criticou que a Xunta decidira trasladar os laboratorios en contra dos informes médicos e, citando a Celso Emilio Ferreiro, “porque me peta e quero e me da a gaña”.

Losada presentouse como portavoz dos profesionais sanitarios de Vigo que “están preocupados non polo seu salario nin pola súa situación laboral, senón pola calidade asistencial dos servizos e da atención á poboación”. Lembrou así o informe da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica, que alerta contra a separación dos laboratorios porque “xera unha menor eficiencia na atención e a infrautilización das competencias sanitarias”.

Criticou que fronte aos informes presentados polos profesionais sanitarios a Xunta tan só ofreza a imaxe da conselleira de Sanidade “ríndose a gargalladas diante do Hospital Meixoeiro” nunha recente visita á cidade e apelando á fe na xestión do PP.

O deputado socialista censurou que a resposta a estas protestas teña sido cambiar de despacho a unha das profesionais e a outro retirarlle as competencias en coordinación sanitaria. Advertiu que “malia que aleguen que forma parte da súa reordenación sanitaria, todo parece indicar que tivo que ver coas protestas diante dunha decisión arbitraria”.

A realidade é que, dixo, o goberno galego está a marxinar á sanidade de Vigo mentres “non teñen empacho en falar de eficiencia mentres o ministro Montoro fala de 2.094 profesionais menos” e dende que goberna Feijóo foron reducidos 1.200 millóns de euros da sanidade pública.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar