O PP privatiza o Hospital de Vigo para dar negocio aos seus

O PP privatiza o Hospital de Vigo para dar negocio aos seus

O PP privatiza o Hospital de Vigo para dar negocio aos seus

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe que o PP rexeitara unha moción socialista para rescindir o contrato coa UTE concesionaria do Hospital de Vigo para financialo de forma “totalmente pública”. Acusou ao PP de privatizar a construción facéndoo “seis veces mais caro e tres veces mais pequeno” para “dar negocio aos seus”.

 

A responsable socialista considera “o colmo do esperpento” que este centro sexa “privado aínda que financiado con cartos públicos”, en alusión aos 110 millóns que aportará o BEI, os 30 do ICO e os 110 de entidades bancarias rescatadas con diñeiro público. Estas partidas suman 250 millóns de euros, fronte aos tan só 65 que van poñer as empresas adxudicatarias.

 

Acuña advertiu que mentres o custe da construción sería de 315 millóns de euros, as empresas beneficiarias percibirán un total de 1.800 . A parlamentaria socialista reclamou por iso a rescisión do contrato, a recuperación do proxecto inicial e a sinatura dun convenio co Concello de Vigo para regular as prestacións de servizos municipais cando volva ser un hospitalpublico .

 

Financiamento irregular

 

A deputada socialista acusou ao PP de “empeñarse en manter este proxecto privatizador” polo “negocio de financiamento irregular, a porta xiratoria ou fluída circulación e en solución de continuidade dos prohomes e das promulleres do PP entre o sistema público e as empresas sanitarias privadas”.

 

Puntualizou que “só nese descarado compadreo e contubernio se pode encaixar este esperpento” que chegou a que hoxe mesmo o xerente do hospital apuntara hoxe que as urxencias van ser “insuficientes pero ampliables” mesmo antes de construír o centro, o que ironizou cualificando de “todo un triunfo de xestión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar