O PP prioriza "criterios económicos" e négase a implantar a vacina da meninxite B no calendario oficial

O PP prioriza "criterios económicos" e négase a implantar a vacina da meninxite B no calendario oficial

O PP prioriza "criterios económicos" e négase a implantar a vacina da meninxite B no calendario oficial

VacinaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao PP de primar os “criterios económicos” diante dos criterios médicos á hora de negarse a implantar a vacina da meninxite B no calendario oficial do Sergas. Acuña presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade para incluír a vacina no calendario, que foi rexeitada polo PP.

Acuña lamentou “o pouco recorrido do goberno novo e social dun presidente Feijóo supostamente renovado, tan humano e tan bo”, que á primeira ocasión demostra que “para pasar de oito a dez consellerías temos cartos, pero para poñer vacinas non”. Lembroulle ao PP que “non hai mortes rexistradas pola vacina da meninxite, as mortes de nenos en Galicia foron por unha enfermidade evitable grazas a esa vacina”.

A responsable socialista advertiu que “non serve que reserven a vacina ao tratamento hospitalario nin que a poñan nas farmacias, porque rolda os 100 euros a dose e os tratamentos oscilan entre as dúas e as tres vacinas por cada neno” e que ademais agora teñen que enfrontarse ao desabastecemento das vacinas que si están incluídas no calendario.

Apelou á “humanidade” do PP e do goberno galego para xeneralizar un tratamento “imprescindible” en Galicia, onde a meninxite ten unha maior incidencia e agora é “evitable”.

Acuña lembrou as demandas da plataforma veciñal de Arteixo que demanda a xeneralización desta vacina logo do falecemento de dous rapaces por esta enfermidade. Sinalou “nomeadamente o caso dunha nai sen recursos que terá que sortear un tratamento entre os seus tres fillos porque non pode asumir a vacina para todos eles”.

Advertiu que “agora mesmo temos un rapaz de cinco anos ingresado con esta enfermidade no Hospital de Santiago, o que obriga a tomar medidas profilácticas en toda a escola e o seu concello”. A responsable socialista sinalou que “a inclusión da vacina no calendario resulta infinitamente mais seguro para toda a poboación que ter que tratar os casos unha vez se teñan producido”.

Criticou que o goberno galego se “estea resistindo de forma numantina a mellorar a saúde da poboación” nunha situación mimética ao “lío que montaron coas vacinas da varicela”, e que “logo de expoñer aos rapaces á enfermidade por retirar o tratamento das farmacias”, Feijóo “atrévese a presumir no debate do Estado da Autonomía de que vai incluíla no calendario de vacinación”.

Carmen Acuña esixiulle ao goberno galego que siga as recomendacións de toda a comunidade médica e apliquen as vacinas no calendario obrigatorio, e lembrou que a enfermidade resulta potencialmente mortal con incidencia especialmente entre os rapaces de 2 a 3 anos de idade.

Explicou que cada ano en Galicia entre 25 e 30 nenos e nenas padecen esta enfermidade -sen ter en conta picos epidémicos-, dos cales 2 morren e entre 6 e 9 sobreviven con graves secuelas.

Acuña salientou a especial importancia da incorporación ao calendario oficial por canto “España é o país de Europa con maior incidencia desta enfermidade, e Galicia é –xunto con Cantabria e Ceuta- a Comunidade Autónoma con maior incidencia do Estado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar