O PP presenta unha Lei de Participación Cidadá "tramposa" que "busca cómo escamotear" á cidadanía

O PP presenta unha Lei de Participación Cidadá "tramposa" que "busca cómo escamotear" á cidadanía

O PP presenta unha Lei de Participación Cidadá "tramposa" que "busca cómo escamotear" á cidadanía

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou hoxe de “tramposa” a Lei de participación cidadá que presenta o PP mañá no Parlamento, inaugurando dous meses despois o denominado como paquete reformista de Feijóo. O responsable socialista dixo que os “populares” tan só buscan cómo escamotear a participación cidadá no Parlamento.

Así o demostran os únicos 4 artigos orixinais desta norma, mentres os outros 13 –do total de 17 artigos que ten esta Lei- reiteran unha Lei vixente hai 17 anos e que foi modificada hai tan só catro meses, en alusión á reforma da Lei 1/1988 de Iniciativa Lexislativa Popular, aprobada o pasado 28 de outubro.

O resto, dixo, “significa a intromisión descarada nas competencias do Parlamento” que deberan ser modificadas “reformando o Regulamento” e que evidencian que o PP “non quere respaldar a proposta socialista” para actualizar o Regulamento do Parlamento e “improvisa normas que son unha chapuza xurídica”. Así sucede coa Lei de Financiamento dos partidos políticos, a segunda do chamado paquete reformista e que cualificou de “impresentable”.

En definitiva, dixo, a “mistificación” de normas xa existentes “que tanto lle gusta a Feijóo” pero que “non aporta nada”, como a terceira norma, anunciada no Consello da Xunta da semana pasada. O dito proxecto de Lei de transparencia e boas prácticas, dixo, pretende incidir nunha Lei vixente hai 9 anos aprobada polo goberno de Touriño e da que o PP “non foi quén de avanzar nada”.

Andalucía

O responsable socialista fixo balance tamén dos resultados das eleccións de Andalucía, que reflectiron o “descalabro” do PP e o acerto do goberno socialista, que presentou un “programa reformista, acorde co momento actual e viable” afastado do programa de recorte de dereitos, devaluación salarial e ataque ao Estado do Benestar do PP.

Méndez Romeu puxo o acento na “aportación” de Feijóo ao resultado do seu partido naquela Comunidade Autónoma, logo de ter participado activamente na campaña e de “gabarse de ser chamado a intervir” nas eleccións.

Finalmente, dixo, o resultado evidencia que os andaluces “entenderon cal era a política que o PP realiza en Galicia”, xa que “non é o mesmo facer política, afrontar os problemas e ter resultados que simples titulares e frases sonoras” como as de Feijóo.

Engadiu que os comicios de onte poden “marcar tendencia” comezando coa recuperación do PSOE de cara ás próximas eleccións municipais, autonómicas e xerais, demostrando a “crise do PP” e que a cidadanía quere manter o Estado do Benestar fronte ás políticas do goberno de Rajoy.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar