O PP presenta unha emenda á totalidade contra a súa propia Lei de Estradas

O PP presenta unha emenda á totalidade contra a súa propia Lei de Estradas

O PP presenta unha emenda á totalidade contra a súa propia Lei de Estradas

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, dixo hoxe que a proposición de Lei de reforma da Lei de Estradas de Galicia en realidade supón unha “emenda á totalidade” ao texto do goberno. O responsable socialista criticou que o propio PP lle presente 41 emendas a unha Lei que eles aprobaron e que fora presentada hai un ano e cinco meses polo goberno que eles mesmos sustentan.

A proposición de Lei que vén de presentar o PP confirma que o PP “segue a dar bandazos e pon en ridículo a política levada a cabo polo conselleiro Hernández”. Ademais confirma que a Lei presentada polo entón conselleiro viña supoñer unha “cortina de fume” para tapar a súa falla de xestión e a falla de investimento e un texto dirixido a “engordar a irrelevante estatística da acción administrativa”.

Así queda plasmado nunha reforma que afecta a 22 artigos dos 76 que ten a Lei, así como a varias disposicións adicionais, co que o PP opta por “emendarse a si mesmo” logo de só aprobar 6 das 124 emendas que daquela presentaran os socialistas galegos e tan só 8 das 177 presentadas por toda a oposición. Ano e medio despois, o propio PP é quen desminte ao ex conselleiro, que presentara a Lei como “moderna e eficaz”.

Ademais, Fernández criticou que o propio PP “volve errar nesta modificación” ao optar por cambiar a Lei dende o Grupo Parlamentario, esquivando os informes preceptivos que teñen que aportar as leis presentadas dende o goberno, como é o caso do informe xurídico, “fundamental para garantir a legalidade das modificacións”.

Tamén renuncia ás aportacións e achegas do resto das institucións, como o propio Consello Económico e Social, dos entes sociais, das administracións locais, directamente afectadas por esta Lei, ou das restantes forzas políticas.

Consellería inútil e irrelevante

Esta emenda ao traballo lexislativo do goberno galego tan só é unha mostra mais dunha consellería “inútil e irrelevante para resolver os problemas dos galegos e das galegas”, a pesares de aglutinar “abondosas competencias” en materia de medio ambiente, territorio, urbanismo, solo industrial, vivenda, transporte ou infraestruturas.

Este departamento, concibido na súa orixe como “plataforma e lanzadeira” do presidente da Xunta, hoxe é “un espello roto que reflicte a imaxe do goberno e do seu presidente sen solucións para os cidadáns, desnortado e en franca retirada”. O balance, dixo, non pode ser mais desolador, caracterizado pola provisionalidade, a interinidade e as rectificacións.

Así, a consellería suma xa dous decretos de estrutura orgánica en dous anos, unha etapa na que “quemou” xa dous conselleiros, dous directores xerais da Axencia Galega de infraestruturas, dous presidentes de Augas de Galicia, dous presidentes de Sogama, cunha secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo imputada e 3 directores xerais diferentes de mobilidade.

A nova rectificación, rematou, súmase a todo un rosario de “bandazos” en materia de medio ambiente, ordenación do territorio, solo industrial, transporte, infraestruturas, vivenda pública ou urbanismo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar