O PP posiciónase en contra de esixir ao goberno que manteña as liñas, frecuencias e paradas do ferrocarril en Galicia

O PP posiciónase en contra de esixir ao goberno que manteña as liñas, frecuencias e paradas do ferrocarril en Galicia

O PP posiciónase en contra de esixir ao goberno que manteña as liñas, frecuencias e paradas do ferrocarril en Galicia

O Grupo Popular ven de impedir co seu voto negativo a aprobación da proposición non de lei socialista pola que se instaba á Xunta a que esixa do Ministerio de Fomento o mantemento das liñas, frecuencias e paradas do servizo de ferrocarril en Galicia.

Con elo, o defensor da iniciativa, Raúl Fernández, afirmou que “o PP sitúase ao lado do Goberno en lugar do lado dos seus veciños”. Reprocha o socialista o “seguidismo compracente” da Xunta das decisións que toma o Goberno de Rajoy sen ter en conta as consecuencias para os cidadáns, como é o caso da toma de decisións limitativas coa súa mobilidade.

Fernández salienta que, a través do Real decreto lei 22/2012, de 20 de xullo, Rajoy pon en corentena o servizo público de transporte ferroviario convencional. O parlamentario denunciou que o Goberno do PP “abre a veda para o exterminio paulatino deste servizo”.

Estas medidas, “absolutamente negativas para as galegas e os galegos”, obrigan a buscar alternativas de desprazamento, ao alcance de poucos, en definitiva, asegura Fernández, o que o Fomento denomina racionalización dos servizos ferroviarios “asina a morte prematura do tren convencional na nosa comunidade” e recriminou a Ana Pastor que esta circunstancia se produza e o plan o execute unha ministra galega.

No relativo a cifras, o decreto é “demoledor para Galicia”, afirma Fernández:

• Suprímense 94 servizos á semana.
• Desaparecen Ourense – Poboa de Sanabria; Ourense – Monforte e Monforte Ponferrada.
• Máis de 150.000 galegas e galegos/ano afectados.
• Peche definitivo de 30 estacións (elevando a 56 o total de pechadas)
• 21 estacións que contarán cunha soa parada ao día.

O 61% das estacións de Galicia quedan afectadas por peche ou redución de servizos. Pero isto non sucede do mesmo xeito noutras comunidades. Fernández salientou que en Asturias redúcense 11 servizos/semana, en Cantabria 14, 12 no País Vazco e en Valencia 24.

Todo isto sucede, continuou Fernández, mentres Feijóo permanece impasible e mesmo semella “ser colaborador necesario”, dunha decisión “dura para todos os cidadáns, pero especialmente para os dos pobos do rural”, que teñen no tren convencional a única alternativa de transporte público.

Denunciou que os gobernos populares “empéñanse en eliminar servizos no medio rural”. En Galicia, dixo, o PP tomou a decisión de eliminar os servizos ferroviarios, aos que haberá que sumar, segundo o socialista, a outros recortes xa coñecidos, como o peche de escolas, redución de mestres, redución de médicos ou o peche de oficinas bancarias. Xunto a estas, advirte o parlamentario socialista, haberá que sumar o peche de xulgados e a privatización de escolar infantil e de centros de maiores.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar