O PP perde o tempo para retrasar o debate do traspaso da AP-9

O PP perde o tempo para retrasar o debate do traspaso da AP-9

O PP perde o tempo para retrasar o debate do traspaso da AP-9

A vicesecretaria da Mesa do Parlamento, Concepción Burgo, acusou hoxe ao PP de “perder o tempo sen facer nada” para retrasar o debate do traspaso da AP-9 no Congreso. Así o dixo logo de que os membros do PP vetaran a proposta socialista para que Mesa da Cámara lle reclamara ao Congreso a reactivación da proposición de Lei Orgánica de traspaso da AP-9 a Galicia.

Esta iniciativa, aprobada por unanimidade na Cámara autonómica, está pendente de ser admitida a trámite na Cámara Alta, polo que os socialistas reclamaron que sexa a Mesa do Parlamento galego quen leve a voz de Galicia ao Congreso e reclame a reactivación da proposta.

Burgo foi a encargada de defender a proposta socialista na reunión da Mesa do Parlamento celebrada hoxe e, dixo, “sorprendentemente os membros do PP negáronse a pedirlle información ao Congreso sobre o proceso de tramitación da Lei” amparándose en que aquel órgano enviaría motu proprio toda a documentación.

Subliñou que “ten que ser a Mesa do Parlamento quen tome a iniciativa de defender a Proposición de Lei” aprobada por unanimidade no Parlamento e, apostillou, “así volveremos a solicitalo” en breve a través de novas iniciativas parlamentarias. A deputada socialista sinalou que “nada lle impide á mesa remitir información adicional na defensa da tramitación da iniciativa para que sexa tida en conta polo Congreso”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar