O PP perde a ocasión de perfeccionar o Consello de Contas ao vetar a súa reforma en profundidade

O PP perde a ocasión de perfeccionar o Consello de Contas ao vetar a súa reforma en profundidade

O PP perde a ocasión de perfeccionar o Consello de Contas ao vetar a súa reforma en profundidade

Consello de ContasO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou hoxe a reforma da Lei do Consello de Contas de “ocasión perdida” para o perfeccionamento do ente fiscalizador polo veto do PP ás propostas da oposición. Así o dixo no debate en Comisión do ditame da dita Lei, que foi aprobada coa abstención dos socialistas e afrontará a continuación o debate final no Pleno do Parlamento. O responsable socialista advertiu que o texto rematará o trámite parlamentario “notablemente modificado e mellorado”, un cambio que resulta sen embargo insuficiente e deixa ao órgano “a medio camiño do que podería ser” ao persistir “eivas importantes” polos bloqueos do PP. Así, lamentou o veto “sen explicación” dos “populares” a permitir a fiscalización rigorosa da situación patrimonial dos altos cargos, especialmente no momento do seu cese, para impedir o enriquecemento derivado do seu paso pola xestión pública. Tamén impediron incrementar os medios materiais e humanos do órgano, cando tódolos expertos na materia claman pola necesidade de medios e persoal especializados. Os socialistas galegos tamén reclamaran a limitación de mandatos dos membros do Consello de Contas, impedindo a súa reelección consecutiva, “para evitar que o seu desempeño no cargo dependa da súa posibilidade de reelección” e polo tanto estea supeditado a un partido político. Cláusula Dositeo O PP tamén vetou a proposta socialista de establecer a xubilación dos membros do organismo aos 70 anos, no límite máximo fixado aos funcionarios públicos. Criticou que mentres impoñen a xubilación forzosa aos 65 anos no sector sanitario, “claudican diante de xuíces, notarios, rexistradores e demais corpos con maior capacidade de influenza no executivo”. Acusou ao PP de “claudicar diante dos intereses do Consello de Contas”, abrindo a man por Lei á prolongación do seu mandato incluíndo “a cláusula Dositeo” para “manter as prebendas” por enriba da idade de xubilación dirixida ao dito conselleiro, actualmente imputado, e que este mesmo ano chegará aos 80 anos. Criticou que os “populares” impoñan o réxime de libre designación no persoal ao servizo do Consello de Contas, un “réxime discrecional” co que o goberno de Feijóo está a demostrar unha “enorme querencia”. Ademais, reclamou unha Memoria Anual da loita contra a corrupción desempregada polo ente fiscalizador. O

responsable socialista respondeu ademais ás críticas dos grupos minoritarios contra o reparto dos membros do Consello de Contas, establecido por un método proporcional utilizando a lei D’Dhondt. Méndez Romeu advertiu que as protestas “non foron acompañadas de emendas á Lei para modificar o proceso de designación e que se fixera dun xeito diferente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar