O PP paraliza as leis contra a violencia de xénero

O PP paraliza as leis contra a violencia de xénero

O PP paraliza as leis contra a violencia de xénero

banner_campaña_violenciaA secretaria de Igualdade dos socialistas galegos, Eva Martínez, esíxille ao Goberno da Xunta que desenvolva e aplique plenamente as dúas leis en vigor contra a violencia de xénero: a estatal de 2004 e a autonómica de 2007. Acusou ao PP de ter paralizadas dende os gobernos central e autonómico unhas normas acaídas e plenamente vixentes para loitar contra esta lacra.

Martínez realizou estas manifestacións unha vez que o Ministerio de Igualdade ten publicado na súa web os datos provisionais sobre vítimas de violencia de xénero en Galicia; uns datos que veñen a confirmar un alarmante incremento no número de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas, pasando de tres en 2013 ao dobre en 2014. “Na actualidade, estamos no triste e lamentable cuarto posto de comunidades autónomas por número de vítimas, un dato que non pode deixar a ninguén indiferente”, indicou.

Estas cifras, ás que haberá que engadir os datos relativos a denuncias presentadas e actuacións realizadas a mulleres ameazadas e agredidas física e psicoloxicamente, son “totalmente inasumibles” nunha sociedade moderna, avanzada e igualitaria e, a este respecto, pediu á Administración autonómica “responsabilidade, moito máis traballo e implicación”.

“Non se pode estar constantemente botando balóns fóra e mirando para outro lado, e non se pode tratar de parchear esta situación dramática incrementando nuns pírricos 200.000 euros os orzamentos da Xunta, cando dende 2009 as partidas para Igualdade teñen baixado de 60 millóns de euros aos 12,5 do presente exercicio”, destacou Martínez.

Lembrou que o PSdeG presentou, a través do seu Grupo Parlamentario, presentou unha emenda aos orzamentos de 2015 por un importe de 80.000 euros, co obxecto de desenvolver as leis contra a violencia de xénero, nomeadamente para aspectos como a prevención e a protección das vítimas.

Ademais, plantexou otras propostas concretas para loitar contra esta lacra da nosa sociedade, como a sinatura dun convenio coa Universidade para realizar un estudo sobre o impacto das TRIC’s na mocidade en relación á violencia de xénero e, en función diso, poñer en marcha un programa de actuacións (25.000 euros); o incremento de material tecnóloxico para a protección directa das mulleres vítimas (50.000 euros); ou a subida nas partidas de axuda ao Observatorio Galego de Violencia de Xénero (30.000).

En total, preto de 200.000 euros “para mellorar as accións do Goberno contra este machismo brutal e para tratar de previr, protexer e axudar ás mulleres, tal e como recolle un marco normativo que o PP está a deixar de lado”, afirmou Martínez, que anunciou novas iniciativas parlamentarias para incidir en todas estas cuestións e coñecer a valoración do Goberno con respecto a estes datos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar