O PP oponse a unha reunión da Xunta cos patróns e patronas maiores da Ría de Arousa, ós que "non aporta solucións"

O PP oponse a unha reunión da Xunta cos patróns e patronas maiores da Ría de Arousa, ós que "non aporta solucións"

O PP oponse a unha reunión da Xunta cos patróns e patronas maiores da Ría de Arousa, ós que “non aporta solucións”

O portavoz socialista de Marisqueo, Julio Torrado, presentou esta mañá unha Proposición non de Lei para instar á Consellería do Mar a reunirse cós patróns e patronas maiores das confrarías da Ría de Arousa, lamentando que a Xunta “non aporta solucións” a reclamacións que “afectan directamente ó seu desenvolvemento profesional”. Unha solicitude á que o PP opúxose na Comisión de Pesca e Marisqueo.

Torrado sinalou que hai cuestións como a corrección do deterioro dos bancos marisqueros, o  restablecemento do control da ría, ou a rexeneración dos lombos do Ulla, ás que o goberno galego comprometeuse, hai máis de dous anos, a abordar “coa maior celeridade posible”, se ben continúa “freándoas”.

Unha actitude que está a provocar que “nunha das rías máis produtivas do mundo” o marisqueo “perda peso na súa repercusión económica sobre as familias”.

O deputado socialista explicou que as reclamacións dos patróns maiores céntranse maioritariamente en torno a dúas cuestións: vixiancia e saneamento, “sobre as que os socialistas levan anos presentando iniciativas” preocupados porque “nos últimos 15 anos perdéronse case o 50% das mariscadoras de Galicia”, boa parte na Ría de Arousa.

"Nós traemos aquí as reivindicacións do sector, reais e demandadas. Procuramos non traer cousas que xa están feitas, ou anuncios propagandísticos. O sector vive do marisco que extrae, non da propaganda que a Xunta fai a lombos dos mariscadores e mariscadoras", apuntou.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar