O PP oponse a que o Hospital do Salnés recupere os servizos eliminados

O PP oponse a que o Hospital do Salnés recupere os servizos eliminados

O PP oponse a que o Hospital do Salnés recupere os servizos eliminados

O portavoz de sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe no Parlamento ao goberno galego que devolva ao Hospital do Salnés os servizos que lle foron retirados coa implantación das Estruturas Organizativas de Xestión Integral (EOXI), co que pasou a ser “o irmán menor do hospital grande” de Pontevedra, afirmou o socialista. Torrado reclamou tamén dotación de persoal e o mantemento da terceira planta do centro aberta durante todo o ano. Todas as súas propostas foron rexeitadas polos votos en contra do PP.

 

O socialista lembrou que “o Hospital do Salnés atende a máis de 100.000 habitantes, unha poboación que pasa a ser máis do dobre no verán”, polo tanto é o hospital comarcal que máis persoas atende e, á vez, o que máis servizos perdeu con relación ao hospital “grande” do que depende. En concreto, criticou o traslado de Neuropediatría para Pontevedra, igual que sucedeu coa cirurxía maior ambulatoria. Cardioloxía só atende a Vilagarcía, e Neuroloxía só tres días á semana en Vilagarcía e Vilanova. Tampouco hai almacén nin prescrición de farmacia, e o servizo de cita previa é só polas mañás, explicou.

 

Con respecto ao aparcamento e o transporte público, lembrou que a Xunta non está a poñer medios, e que no caso de Vilagarcía é o concello quen puxo o servizo de transporte ata o hospital, mentres que hai outros concellos que non poden facelo. Torrado referiuse tamén á ampliación de Urxencias, que se fixo sen o correspondente aumento de persoal.

 

“Se se poñen de folga, quedan a deber”

“Hai un déficit de servizos e de persoal”, insistiu. E exemplificouno cunha situación chamativa: “Hai pouco o persoal pensou en facer unha folga,e resultou que o persoal para os servizos mínimos establecidos era maior que a media de persoal que traballa no hospital nalgúns servizos. Se se poñen de folga quedan a deber, terían que mandarlles persoal de fóra”, salientou. De feito, o número de profesionais sanitarios neste centro “incumpre os criterios asistenciais do propio Sergas”, engadiu. “É necesario comezar a planificar cunha proposta plurianual e compromisos serios, porque os servizos non están á altura da cidadanía”, concluíu.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar