O PP oponse a igualar en dereitos aos veciños da Illa de Ons co resto de habitantes de parques nacionais

O PP oponse a igualar en dereitos aos veciños da Illa de Ons co resto de habitantes de parques nacionais

O PP oponse a igualar en dereitos aos veciños da Illa de Ons co resto de habitantes de parques nacionais

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego defendeu no Pleno do Parlamento, unha proposición asinada conxuntamente co BNG, na que reclaman modificar a Lei 5/2001, que establece o réxime xurídico da Illa de Ons en base ao sistema de concesións. Demandan cambiar o texto da lei para recoñecer a titularidade veciñal das vivendas desafectando as casas do dominio público e outorgándolles a cualificación de bens patrimoniais.

Na súa intervención a deputada pontevedresa agradeceu en primeiro lugar a loita innegable dos habitantes da Illa por salvagardar, respectar e preservar este espacio natural.“A súa reivindicación é xusta e merecen o apoio de todos e todas nós”, proclamou. Tamén fixo referencia ao acordo unánime da corporación de Bueu que impulsou esta proposta.

Gallego afirmou que esta proposta “serve para reparar un erro cometido coa lei 5/2001 de réxime xurídico das concesións da Illa de Ons”. Xa que asegura “non era necesario, nin antes nin agora declarar todo o territorio como ben de dominio publico”.

Lembrou que o PSdeG votou en contra desta Lei, pero advirte que o PP “presenta un decreto sen negociar cos veciños”. Sinala que rebaixa de 99 a 75 anos as concesións e ademais impón un canon anual para pagar polas súas vivendas aos veciños. Explica que hai 92 casas en Ons, arredor de 10 son propiedade da administración e as restantes dos veciños e veciñas.

A portavoz socialista replica que non é certo que para desafectar as vivendas sexa necesario reverter a condición de Parque Nacional como di o informe xurídico da Xunta. Argumenta que tódolos Parques Nacionais que hai en España teñen dentro do seu territorio propiedades privadas e vivendas privadas e non se concesionan (como o Teide, Garajonay, Picos de Europa, Doñana, etc..).

Gallego di que o respecto polo Medioambiente non implica eliminar a pegada humana dos espazos protexidos, “é Ons e un territorio habitado historicamente, transformado e vivido”, espetou.

E resumiu dende o PSdeG respectamos o Parque Nacional e tamén o patrimonio material e inmaterial de Ons e ás súas xentes “xa que xa nos legaron abondosa cultura mariñeira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar