O PP oponse a elaborar un Plan de Preservación do patrimonio galego na diáspora

O PP oponse a elaborar un Plan de Preservación do patrimonio galego na diáspora

O PP oponse a elaborar un Plan de Preservación do patrimonio galego na diáspora

O PP rexeita unha iniciativa socialista para promover a declaración como Patrimonio da Humanidade do conxunto de centros galegos

Marisol Soneira alerta que “canto mais tardemos corremos maior risco de perder unha parte fundamental da nosa historia”

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, esixiulle ao goberno galego que elabore un plan que permita a preservación dos valores arquitectónicos, culturais, históricos e patrimoniais “nun proxecto común tutelado polo goberno”. Así o reclamou nunha proposición non de Lei do Grupo Socialista que foi rexeitada hoxe polo PP na Comisión Institucional do Parlamento de Galicia.

A deputada socialista reclamáballe á Xunta que promovera diante da Unesco “que o conxunto de centros galegos no mundo sexan declarados Patrimonio da Humanidade”, logo de facer un inventario dos bens culturais que todos e cada un dos centros galegos atesouran, “tanto os materiais como os inmateriais”.

Soneira alertou que “canto mais tardemos maior risco corremos de perder unha parte fundamental da nosa historia”. Así, lembrou que o Centro Galego de Bos Aires, que aínda posúe intacta a habitación na que finou Castelao, está a pasar serios problemas de xestión mentres ocupa un “solar inmenso” que esperta “moitísimos intereses”.

Ao tempo, o Centro Galego de Avellaneda, na provincia de Bos Aires, tivo que arrendar os seus baixos a un restaurante chino para poder facer fronte aos gastos de mantemento, e son só un exemplo das ducias de inmobles que construíron os emigrantes galegos dende mediados do século XIX.

Lamentou que “a Galicia de hoxe descoñece, en gran medida, todo ese rico patrimonio que lle ten dado identidade formal como un pobo diferenciado en España, en Europa e no mundo”. Dende a emigración, lembrou, foi posible a publicación de obras literarias en galego en plena ditadura, e mesmo o programa de radio en galego mais vello, “Sempre en Galiza”, continúa emitíndose dende Uruguai.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar