O PP oponse a continuar co proxecto de execución da Vía Ártabra co seu trazado orixinal

O PP oponse a continuar co proxecto de execución da Vía Ártabra co seu trazado orixinal

O PP oponse a continuar co proxecto de execución da Vía Ártabra co seu trazado orixinal

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu hoxe no Pleno da Cámara para defender unha emenda sobre a via Ártabra. Nela reclamou continuar co proxecto de execución e contricción da via Ártabra tal e como estaba prevista no seu trazado inicial, dende a Autovia A-6 ate o Porto de Lorbé, e proceder nos vindeiros meses a contratación do proxecto constructivo do treito que comunica a AP-9 e a A-6, para non incorrer nun investimento improductivo.

Advirte que a construcción desta infraestructura “é outro fraude mais como por exemplo na Costa Morte, o Morrazo, a Ponte Noia ou a Costa Norte”. Asegura que é a primeira vez que un Goberno aproba unha iniciativa para que non se constrúa unha infraestructura viaria en Galicia.

Dixo que o PP quere encher de coches a AP-9 para que paguen peaxe e así encher as arcas da empresa concesionaria

O deputado socialista acusou ao Goberno de Feijoo de “despilfarrar de diñeiro publico coa petición de estudos de trafico”, xa que lembra hai plans sectoriais aprobados por Feijoo en pasadas lexislaturas.

Por ultimo asegura que comarca da Coruña precisa e esixe alternativa libre de peaxe, e replica que esta “é unha oportunidade perdida para a mobilidade, a competitividade e a seguridade viaria da conurbacion da Coruña”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar