O PP négase a pedirlle ao goberno que dite unha normativa para darlle estabilidade ao sistema de acceso á Universidade

O PP négase a pedirlle ao goberno que dite unha normativa para darlle estabilidade ao sistema de acceso á Universidade

O PP négase a pedirlle ao goberno que dite unha normativa para darlle estabilidade ao sistema de acceso á Universidade

O portavoz de Educación do grupo socialista, Luis Álvarez, defendeu unha moción no pleno para que o goberno galego inste ao Ministerio a ditar unha normativa estable para que os estudantes teñan “un marco de referencia seguro” no acceso á universidade mentres non haxa unha nova lei educativa, unha proposta que recibiu o voto en contra do PP. Álvarez criticou que os populares boten abaixo unha iniciativa “propositiva” do grupo socialista. “A oposición nunca ten unha boa idea, pero despois sempre as poñen en marcha. Sigan votando que non e despois díganlle ao Ministerio que o faga”, ironizou.

O socialista lembrou que o acceso á universidade debe ter “garantías procedimentais axeitadas” e que neste curso está regulado por un real decreto do Ministerio e unha resolución da Xunta “provisional, urxente e imprescindible” pero que só é válido para este curso. “Entendemos necesario ditar unha normativa que estabilice o sistema e garanta un funcionamento homoxéneo e constante, que teña vixencia máis alá dun curso” para que posteriormente a Consellería poida ditar “a súa norma correspondente” para “estabilizar o sistema e superar a improvisación”, pediu. “Non podemos estar permanentemente pendentes de que o Estado publique unha resolución de cada curso. Hai tempo suficiente”, insistiu.

Tras a resposta negativa, o socialista lamentou que os argumentos do PP en contra nada teñan que ver co proposto na moción socialista. “A súa intervención é desastrosa. Isto é igual que cando a un alumno se lle pregunta polo século XVIII, e como non sabe nada e só estudou o século XIX, pois responde sobre o século XIX pretendendo que se lle poña boa nota”, apuntou. Álvarez destacou que o decreto se aplica por primeira vez neste curso “de forma precipitada” pero expresou o seu convencemento de que vai saír ben porque o sistema educativo en Galicia conta con “bos profesionais”.

Mercedes Cernadas

Deixar a resposta

Pechar