O PP négase a interesarse pola reforma do Mosteiro de Oia, que está "nun estado de abandono que fai perigar a súa conservación"

O PP négase a interesarse pola reforma do Mosteiro de Oia, que está "nun estado de abandono que fai perigar a súa conservación"

O PP négase a interesarse pola reforma do Mosteiro de Oia, que está “nun estado de abandono que fai perigar a súa conservación”

O grupo parlamentario socialista defendeu esta mañá na Comisión de Educación e Cultura unha proposición non de lei para instar ó goberno galego a preocuparse polo estado do Real Mosteiro de Oia, un ben catalogado como BIC que “se atopa nun estado de abandono que fai perigar a súa conservación” e que precisa da axuda do Goberno galego “para que non caia, que non desapareza”.

Unha proposta que foi rexeitada polo Partido Popular, a pesares da insistencia do deputado Abel Losada en que “a recuperación deste conxunto patrimonial é primordial”, pois o novo uso que se lle pretende dar, un proxecto turístico hoteleiro, “suporá un impulso para o emprego e a economía local”, nun concello “que perde poboación ano a ano” e que “non ten demasiados recursos endóxenos máis aló do turismo”.

Losada recordou que o Concello de Oia leva seis anos agardando a aprobación das modificacións necesarias para levar a cabo o proxecto de restauración, rehabilitación e posta en valor do conxunto monacal e do seu entorno, e instou á Xunta a “interesarse polo estado da tramitación desde expediente” e a “desenrolar mecanismo de protección efectivos do patrimonio histórico - artístico”. Sen embargo, os populares negáronse mesmo a interesarse polo estado de tramitación do expediente no Concello.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar