O PP négase a demandar a Telefónica – Movistar o acceso a Internet “cunha calidade aceptable” en A Capela

O PP négase a demandar a Telefónica – Movistar o acceso a Internet “cunha calidade aceptable” en A Capela

O PP négase a demandar a Telefónica – Movistar o acceso a Internet “cunha calidade aceptable” en A Capela

O deputado socialista José Manuel Pérez Seco instou esta mañá ó goberno galego a demandar á empresa Telefónica - Movistar a habilitar os sistemas técnicos necesarios para posibilitar ós veciños e veciñas da Capela o acceso a internet polo sistema terrestre, ou ben por satélite 3G cunha calidade aceptable.

Os socialistas presentaron unha proposición non de Lei que foi rexeitada polo Partido Popular a pesar de que “a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos económicos subvencionados, e polo tanto públicos”.

Pérez Seco explicou na Comisión de Industria e Enerxía que “Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga os seus habitantes teñen acceso a este servizo cando non é verdade”, subliñando que “estas carencias dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais, senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de emprego no medio rural”.

O deputado afeou ós populares que estén a realizar “un continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a extensión das TIC´s”, gastando “inxentes cantidades de fondos”, cando a realidade é que “as zonas de sombra son aínda moitas en Galicia”, e non só en zonas afastadas do interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos.

“Os últimos datos sinalan que un 25% dos españois carecen de posibilidades técnicas de conectarse á Internet residen en Galicia, cando a nosa comunidade ten apenas o 6% da poboación do Estado” engadiu.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar