O PP négase a constituír a mesa para recuperar os fondos do plan mineiro eliminados polo goberno que afectan a 16 concellos

O PP négase a constituír a mesa para recuperar os fondos do plan mineiro eliminados polo goberno que afectan a 16 concellos

O PP négase a constituír a mesa para recuperar os fondos do plan mineiro eliminados polo goberno que afectan a 16 concellos

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo instou hoxe á Xunta a dirixirse ao goberno de España para constituír á maior brevidade posible a Comisión de Cooperación polo carbón, entre a comunidade autónoma e o INMC, segundo se establece no decreto 675/2014 que o goberno de España aprobou o 6 de agosto de 2014, e que afecta a 16 concellos galegos. Os socialistas reclaman recuperar os fondos que foron anulados unilateralmente polo goberno de Rajoy no ano 2011, unha iniciativa que foi vetada polo PP. “Están facendo vostedes deixación de funcións; non queren axudar a estes concellos”, lamentou.

Rodríguez Rumbo lembrou que hai infraestruturas aprobadas por 72 millóns de euros que quedaron sen orzamento, e que hai dous anos e medio o goberno de Rajoy volveu publicar un real decreto para axudas de impulso económico das comarcas mineiras do que a día de hoxe nada se sabe. A socialista apuntou que estes fondos son necesarios para “impulsar o futuro” de zonas coas que o goberno da Xunta e o de España teñen unha débeda social e económica. En concreto, as comarcas afectadas son as de As Pontes e Cerceda e municipios cercanos, que engloban os concellos de A Capela, As Somozas, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Laracha, Mañón, Monfero, Ordes, Ortigueira, San Sadurniño, Tordoia e As Pontes na provincia da Coruña, e Muras e Xermade na de Lugo.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar