O PP négalle aos lugueses o servizo de hemodinámica 24h, radioloxía e medicina nuclear

O PP négalle aos lugueses o servizo de hemodinámica 24h, radioloxía e medicina nuclear

O PP négalle aos lugueses o servizo de hemodinámica 24h, radioloxía e medicina nuclear

HulaA deputada socialista Concepción Burgo acusou hoxe ao PP de negarlle aos lugueses e luguesas o dereito aos mesmos dereitos e prestacións sanitarias que o resto de Galicia. Así o dixo no debate en Comisión da Iniciativa Lexislativa Popular –ILP- para dotar ao HULA de servizo de hemodinámica 24 horas, radioloxía e medicina nuclear que foi emendada polo PP para “desnaturalizar” o texto.

Burgo acusou ao goberno galego e ao PP de “marear a perdiz” neste debate, paso previo á súa aprobación definitiva no Pleno do Parlamento, para “intentar convencer aos lugueses e ás luguesas de que non necesitan hemodinámica 24 horas”, medicina nuclear ou o servizo de radioterapia.

Desafiounos a “ir á provincia a explicarlles que, por ter hemodinámica de 8 a 3, teñen menos probabilidades de sobrevivir a un infarto pola tarde que pola mañá”, ou que “lles digan aos enfermos que teñen que seguir facendo a Ruta do Cancro de 10 horas para recibir 10 minutos de radioterapia”.

Explicou que a emenda do PP demostra que “as promesas do presidente e o que vota o PP non serven para nada”, aludindo ao compromiso de Feijóo, que en febreiro de 2011 asegurou que o Hospital Lucus Augusti contaría con estes servizos, unha promesa que foi ratificada meses despois polo PP aprobando unha iniciativa socialista no Parlamento de Galicia.

Acusou ao PP e ao goberno galego de poñer en xogo “a credibilidade do goberno galego e a promesa da mais alta autoridade, o presidente Feijóo” que leva catro anos incumprindo, e chegando a vulnerar agora a vontade de 41.000 galegos e galegas que asinaron a Iniciativa Lexislativa Popular.

Emendas

Burgo explicou que as emendas presentadas polo PP ao alteran a natureza do texto orixinal para renunciar a estes servizos. Explicou que o PP cambia “un servizo hemodinámica 24 horas” por “procedementos de hemodinámica” ou substitúen a “equidade” en función das “condicións de calidade” pola “garantía das prestacións destas especialidades en igualdade de condicións”.

Os socialistas advirten que “os cambios son profundos e as emendas corrompen a natureza mesma da ILP presentada e admitida a trámite” chegando ao punto que, en lugar de modificar a Lei de Saúde, como facía a proposta orixinal, o PP utiliza a emenda para que a Iniciativa Lexislativa modifique a Lei de Garantías Sanitarias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar