O PP nega definitivamente aos 70.000 universitarios galegos o acceso ao sistema de bolsas como dereito

O PP nega definitivamente aos 70.000 universitarios galegos o acceso ao sistema de bolsas como dereito

O PP nega definitivamente aos 70.000 universitarios galegos o acceso ao sistema de bolsas como dereito

Meijón apunta que preto de 25.000 universitarios galegos solicitan bolsa e denuncia que "a falta de dous meses para finalizar o curso, miles de estudantes galegos aínda non recibiron bolsa e non saben cando a cobrarán"

"Wert e Rajoy, coa compracencia de Feijoo e o conselleiro Vázquez, aumentan os atrancos para dificultar o acceso á universidade do alumnado das clases sociais máis desfavorecidas"

O coordinador dos socialistas galegos nas Cortes e vicevoceiro socialista de educación, Guillermo Meijón, critica que "o PP quedou só no Congreso cando o resto de grupos parlamentarios apoiaron a proposta socialista de volver ao anterior sistema de bolsas para recuperar as bolsas como un dereito". "Só o PP, -remarca- sólos Wert e Rajoy, iso si, coa compracencia do Presidente da Xunta de Galicia e a súa conselleiro de educación, Vázquez,".

"Tanto Feijoo coma Vázquez -indica Meijón- son cómplices que en Madrid calan, outorgan e asenten ás políticas do Goberno". "Cómplices dunhas políticas que atentan contra un alumnado galego que vive na Comunidade cos soldos e pensións dos máis baixos do Estado e que ven como se lles poñen todas as pedras posibles no seu camiño de formación universitaria". "Prueba diso -engade- son os escandalosos silencios de Jesús Vázquez nas distintas Conferencias Sectoriais; as súas ocas desculpas en Galicia convértense en aplausos e afagos ás políticas de Wert e Rajoy".

Co rexeitamento do PP á moción socialista, Meijón afirma que "o PP nega definitivamente aos ao redor de 70.000 universitarios galegos o acceso ao sistema de bolsas como dereito". Neste sentido, indica que "Rajoy e Wert, coas súas actuacións, pretenden sen dúbida rematar coa bolsa como dereito e dificultar o máis posible o acceso á universidade do alumnado pertencente ás clases sociais máis desfavorecidas". "Elimínase a función da universidade como institución inclusiva e propiciadora de mobilidade social quedando así para uso case exclusivo do que Rajoy gusta denominar como 'fillos da estirpe'. "Non" é "casualidade que o período en que Rajoy foi ministro de educación se corresponda coa primeira baixada da partida de bolsas da democracia" -recorda.

O socialista galego lamenta que "de pouco están a valer as voces de alarma da comunidade universitaria galega ante o drama no que se encontran aqueles estudantes que precisan dunha bolsa para poder iniciar ou proseguir os seus estudos universitarios". Apunta así que "o último berro foi claro e rotundo: duplícase o número de estudantes con dificultades para poder pagar a matrícula e así proseguir os seus estudos". Así, indica que "hai preto de 25.000 universitarios galegos que solicitan bolsa" pero denuncia que "a falta de dous meses para finalizar o curso, miles de estudantes galegos aínda non recibiron bolsa e non saben cando a cobrarán".

Para Meijón, "tampouco será menor o conxunto das medidas impulsadas polo ministerio de educación de endurecer os requisitos, eliminar a transparencia cunha fórmulas e procedementos imposibles de calcular e entender, suprimir os complementos por desprazamento ou esixir o reembolso das bolsas como fórmula de ameaza coactiva a familias e estudantes que saben que a devandita devolución será un imposible. A todo iso hai que sumar a inseguridade xurídica, o descoñecemento das cantidades, o atraso ao máximo dos pagamentos e a notable rebaixa nas cantidades"

"Toda a enxeñaría creativa de Wert querendo demostrar o indemostrable non logrará calar a voz duns estudantes que non confunden os contos de Wert coas contas reais". A este respecto, o vicevoceiro socialista de educación sinala que "os propios reitores recoñecen que as subas de taxas, a situación económica das familias e, sobre todo, a política de bolsas pesan sobremanera nas causas de non pagamento e abandono dos estudos". "Pero dixeron algo moito peor, -engade- e é a perversión que o Partido Popular está a facer coas súas políticas; de aí que os reitores tamén reclamen a recuperación do sentido das bolsas como 'garantes de equidade'.

"Lamentablemente -reproba- o Goberno do PP de Rajoy non pensa rectificar". "Non" están a cumprir "co seu programa electoral pero si coa súa ideoloxía reaccionaria e clasista".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar