O PP "nega a evidencia científica" do cambio climático impedindo tomar calquera medida en Galicia

O PP "nega a evidencia científica" do cambio climático impedindo tomar calquera medida en Galicia

O PP "nega a evidencia científica" do cambio climático impedindo tomar calquera medida en Galicia

Patricia Vilán reclama un novo Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático.

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou ao PP de “negar a evidencia científica” do cambio climático ao impedir calquera tipo de iniciativa preventiva en Galicia. Así o dixo logo de que o PP rexeitara na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento unha proposta socialista para pedir un novo Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático.

Vilán alertou de que Galicia carece a día de hoxe dun Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático logo de que o goberno galego deixara sen efecto o que xa existía. Mentres, a Estratexia Galega fronte ao Cambio Climático, de marzo de 2005, continúa en vigor “pero non se teñen cumpridos nin os seus obxectivos nin as súas medidas”.

Explica que os últimos datos dispoñibles neste momento corresponden ao Informe Sobre Cambio Climático en Galicia, presentado polo goberno galego en novembro de 2012. O resultado é que o dito documento, malia que a Xunta incluía 84 medidas e un orzamento de 35 millóns de euros, permanece no “limbo de San Caetano”, xa que “non sabemos cántas medidas se teñen tomado nin cánto orzamento se ten executado”.

Patricia Vilán puntualizou que “cero euros é o que o goberno do PP en Galicia empregou nestes últimos anos para a loita contra o cambio climático”, un problema que “segue incrementándose mentres o goberno galego non ten nada feito mais alá de grandes documentos”.

Mentres resulta obrigado que o cambio climático forme parte da axenda de tódolos gobernos, dixo, a Xunta carece de ningunha medida executiva, nin tan sequera a intención de seguir as accións acordadas no Cumio do Clima de Nova Iorque.

Explicou que a Xunta non ten tomado decisóns “nin de política financeira, nin protección dos bosques, nin impulso da agricultura ecolóxica nin, por suposto, ningún tipo de impulso ás enerxías renovables, á eficiencia enerxética ou transporte non contaminante”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar