O PP modifica a Lei do Consultivo para nomear aos seus letrados "a dedo"

O PP modifica a Lei do Consultivo para nomear aos seus letrados "a dedo"

O PP modifica a Lei do Consultivo para nomear aos seus letrados “a dedo”

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao PP de modificar a Lei do Consello Consultivo “pola porta de atrás” para permitir o nomeamento “a dedo” dos letrados. Esta é unha das 21 leis que vén de alterar o PP en solitario aprobando a Lei de Acompañamento sen debate, sen transparencia e sen os informes pertinentes.

A responsable socialista denunciou a conivencia do goberno galego co presidente do ente ao “quitarlle obstáculos do camiño” para dirixir de forma arbitraria ao órgano que debera velar pola transparencia na actuación do goberno galego. A única finalidade, dixo, é “quitar do medio a quen é molesto”, suprimindo o corpo de letrados deste órgano e integrándoos no corpo xeral da Xunta, co que pasan a ser “de libre designación”.

Os socialistas galegos, explicou, reclamaran a supresión desta modificación, así como o cese do propio presidente do Consello Consultivo. Este é coñecido por estar investigado por presunto tráfico de influenzas na Operación Cóndor, e condenado polo xulgado contencioso de Santiago por alterar arbitrariamente as condicións laborais dos seus traballadores.

Os socialistas galegos advertiron tamén que o goberno galego consolidará con esta norma a modificación da Lei de Emprego Público fuxindo da negociación cos representantes dos traballadores públicos e do debate parlamentario para “atomizar o servizo e crear persoal en diferentes categorías coas mesmas funcións, aglutinado nunha nova categoría de Persoal de Servizos Xerais”.

Rodríguez Rumbo sinalou a forte contestación contra esta reforma por parte dos traballadores da administración pública e reclamoulle ao goberno galego que cumpra co convenio colectivo do persoal laboral da función pública, “esquecido durante os últimos 8 anos” e convoque a Mesa de funcións en todas as categorías.

Sinalou que esta norma afecta á normativa sobre medidas fiscais, función pública, procedemento administrativo, vivenda, agricultura, transporte público ou ordenación urbana, e altera as leis de augas, vivenda, saúde, minaría, pesca, servizos sociais, transporte, portos ou Solo.

Tamén é utilizada para crear a Axencia Galega de industria Forestal, cun “enfoque productivista e economicista” eludindo o debate institucional coa industria e o tecido social e sortear a protección ecolóxica e paisaxística do medio. Ademais altera o decreto 149/08, que regula as autorizacións para instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de biomasa como mecanismo para “abrir a porta á instalación de grandes plantas de biomasa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar