O PP mercantiliza o dereito á xustiza

O PP mercantiliza o dereito á xustiza

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou ao PP de “mercantilizar o dereito constitucional á xustiza”. A parlamentaria socialista presentou unha pregunta na Comisión de Xustiza do Parlamento na que acusou ao goberno galego de tratar a implantación de taxas xudiciais “como unha autoestrada”.

Sestayo lembrou que “é certo que a autoestrada a pagan os que a utilizan, pero a xustiza é un dereito constitucional, e aí é onde está a ideoloxía do PP”, ao limitar o exercicio dos dereitos básicos “a quen teña a capacidade de pagalos”. Lembrou ademais que a xustiza “xa a pagamos todos a través dos nosos impostos” e denunciou que “queiran que os cidadáns paguen dúas veces por un servizo fundamental”.

Lamentou a indolencia da Xunta diante da situación da xustiza logo de asumir as taxas xudiciais “e a súa ridícula reforma posterior” aplicadas polo goberno central, e de que a Xunta afirmara hoxe descoñecer o proxecto de Lei de privatización do Rexistro Civil.

Sestayo advertiu que “a partir de agora nin sequera o amor será gratis”, xa que a nova Lei permitirá aos notarios asinar matrimonios “cobrando entre 80 e 100 euros para que os cidadáns poidan disfrutar do amor”.

Lamentou o “desleixo” amosado polo goberno galego diante desta reforma, cando a Xunta asegurou hoxe descoñecer a proposta “salvo pola prensa”. Sestayo recomendoulle ao goberno galego que “nos pida o anteproxecto de Lei para que o coñezan e entón poidamos saber cal é a posición do goberno galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar