"O PP ensinounos que en só catro anos poden lapidarse dereitos que criamos consolidados"

"O PP ensinounos que en só catro anos poden lapidarse dereitos que criamos consolidados"

"O PP ensinounos que en só catro anos poden lapidarse dereitos que criamos consolidados"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, chamou hoxe á “loita permanente” para recuperar os dereitos “que considerabamos absolutamente intocables” e que “o PP demostrou que catro anos son suficientes para laminalos”. Así o dixo antes da súa intervención no 25 aniversario da Fundación Luis Tilve, no que salientou o “intenso traballo conxunto” entre a entidade e o PSdeG-PSOE.

O líder dos socialistas galegos lembrou o traballo da Fundación na custodia e actualización sobre a memoria do PSdeG, e que está revisando “toda a nosa historia sindical e do movemento socialista en Galicia”. Este traballo inxente é suficiente, dixo, “para sacar unha boa ensinanza: que catro anos son suficientes para laminar e recortar uns dereitos que considerabamos inatacables”.

Gómez Besteiro chamou á “loita permanente” para a “difusión e ensinanza dunha doutrina política baseada no diálogo para que a cidadanía sexa capaz de escoller libremente con toda a información” sobre o feito polo PP nesta etapa.

Foron catro anos de “dura crise”, advertiu, que deron como resultado “unha sociedade máis desigual, nos que non todos saen á recuperación económica do mesmo xeito” logo do traballo destrutivo do PP e que obriga a “volver a conquistar e recuperar” uns dereitos “froito do traballo da maioría social deste país, que é a clase traballadora”.

Expectativa de cambio

O responsable socialista ofreceu un balance previo á campaña electoral que comeza eta mesma noite, na que, dixo, “saímos convencidos de que –haberá cambio- si se cumpren as expectativas de que a maioría dos cidadáns non queren que Rajoy sexa presidente catro anos máis”. Sinalou que a cidadanía “sabe que a única opción para que ese cambio se produza, a única alternativa, pasa polo PSOE”.

Pedro Sánchez será a única opción, sinalou, para garantir que se cumpra a vontade dese 65 por cento de españois que non queren que Rajoy e o PP continúen gobernando o país. Polo contrario, dixo, “hai outros partidos que afloran e que agora sabemos que van traballar para que Rajoy siga sendo presidente do goberno”.

Esta situación fai que, máis alá das “propostas lexítimas” de tódolos partidos, a cidadanía “debe saber que o cambio político e a recuperación dos dereitos laminados polo PP pasan por Pedro Sánchez e polo PSOE”. Explicou que “a base do noso proxecto é precisamente a igualdade de oportunidades discutida e cercenada por unha dereita que veu facer caixa co pretexto da crise”.

Presentou ao socialistas como “garantes da recuperación do impulso investidor” e por garantir unha Seguridade Social saneada, mentres o PP “vemos cómo día a día está metendo a man na hucha das pensións”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar