O PP incumpre a promesa de arranxar a estrada entre Cabreiros e Momán

O PP incumpre a promesa de arranxar a estrada entre Cabreiros e Momán

O PP incumpre a promesa de arranxar a estrada entre Cabreiros e Momán

A deputada socialista Concepción Burgo acusou hoxe ao PP de incumprir a promesa de arranxar a estrada LU-17 entre Cabreiros e Momán para incrementar a seguridade e habilitar o acceso en condicións ao polígono de Xermade. A deputada socialista presentou unha proposición non de Lei neste sentido na Comisión de Obras Públicas do Parlamento que foi vetada polo PP.

Explicou que o deputado lugués do PP Jaime Castiñeira votou en contra desta proposta “en contra do que defende a súa presidenta provincial, Elena Candia, polo que non é raro que teña vostede os problemas que ten co seu partido en Lugo”.

Burgo acusou ao PP de incumprir o compromiso de Feijóo con esta infraestrutura, que foi obxecto de dous proxectos en 2011 e 2015, por 8,5 e 8 millóns de euros, coincidindo coas convocatorias electorais pero que non foron executados, e que eles mesmos apoiaron do Concello e na Deputación provincial. Dixo que “de novo deixan aos veciños e veciñas de Xermade na estacada” constatando que “cada vez teñen menos credibilidade”.

A responsable socialista apuntillou que “vostedes incumpren as súas promesas e a xente sábeo”, e acusounos de “estrangular a economía de Xermade” xa que a entrada actual ao Polígono impide o paso a vehículos especiais, limitando a súa viabilidade, e “poñen en perigo a vida” dos veciños e veciñas que utilizan unha estrada moi deteriorada.

Mellora do tramo

Dixo que o tramo desta estrada, fundamental para conectar a costa de Lugo con Santiago, atópase nun “estado deplorable, perigoso, co firme deteriorado e demasiado estreita para coches e camións, con beiras en mal estado e que mesmo en determinados tramos non existen.

Sinalou a necesidade dunha nova glorieta, a definición de cambios de sentido, a mellor das interseccións e o reforzo do firme, unha actuación que “necesariamente ten que ir máis alá de dar unha simple capa de recubrimento na estrada”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar