O PP impón unha "camisa de forza" para os enfermeiros e enfermeiras

O PP impón unha "camisa de forza" para os enfermeiros e enfermeiras

O PP impón unha “camisa de forza” para os enfermeiros e enfermeiras

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe a derrogación do decreto 954/205 que restrinxe a dispensación de medicamentos por parte dos profesionais de enfermería. Os socialistas presentaron unha proposición non de Lei contra esta “camisa de forza para enfermeiros e enfermeiras” que foi vetada polo PP.

O responsable socialista explicou que a nova regulación sitúa a estes profesionais na dicotomía de cumprir coa norma retrasando a atención aos pacientes ou incumprila e enfrontarse a unha grave inseguridade xurídica. A norma restrinxe a dispensación de medicamentos, que queda en mans dos médicos, provocando o “caos”, ralentización do sistema e perda de calidade.

Sinalou que esta norma impide por exemplo que o persoal de enfermería subministre oxitocina ás parturientas, ferro nos tratamentos, cremas con antibióticos, óvulos contra a candidiase, heparina contra a coagulación de sangue, subministración de antibióticos e medicación na campaña da gripe e mesmo restrinxe a atención crítica que require decisións inmediatas, como no caso dunha asistencia urxente.

Lembra que están perfectamente capacitados para prestar este tipo de atención, axilizando o sistema, e teñen recibido a norma con “rexeitamento xeneralizado, polémica e malestar destes profesionais”. Ademais, provoca a oposición das comunidades autónomas que entenden que o goberno conculca as súas atribucións en formación continuada e acreditación.

Os socialistas reclaman así que a Xunta se dirixa ao goberno central para reclamar a derrogación inmediata do dito decreto, comezando un proceso de diálogo cos profesionais afectados “para aprobar unha norma que regule a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos por parte dos profesionais de enfermería”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar