O PP impídelle aos gandeiros o acceso ás contraanálises do leite

O PP impídelle aos gandeiros o acceso ás contraanálises do leite

O PP impídelle aos gandeiros o acceso ás contraanálises do leite

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, lamentou hoxe o veto do PP a unha Proposición non de Lei na que os socialistas reclamaban modificar o proceso de recollida de mostras de leite para facer as probas bateriolóxicas. Os socialistas reclamaban “garantir maior seguridade e evitar especulacións” á hora de realizar contraanálises.

O responsable socialista explicou que as mostras son extraídas no momento da recollida do leite por parte da empresa láctea, que é analizada por eles mesmos para controlar a presenza de medicamentos, e polo Laboratorio Interprofesoinal de Galicia para realizar os controis oficiais esixidos, pero non polo gandeiro.

Así, no caso de que sexa detectada algunha alteración, o organismo oficial visita a granxa para facer a contraanálise, pero “o gandeiro non pode pedir que se realice no mesmo día, dado que só se dispón dunha mostra orixinal, e a nova mostra é recollida ao día seguinte”.

Os socialistas reclamaran hoxe que a Xunta estableza “os mecanismos necesarios para a realización de controis oficiais do leite e se recollan dúas mostras, unha para a empresa e outra para o gandeiro”, o que foi vetado polo PP.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar