O PP impide unha reforma legal para frear inxerencias políticas da Xunta na CRTVG

O PP impide unha reforma legal para frear inxerencias políticas da Xunta na CRTVG

O PP impide unha reforma legal para frear inxerencias políticas da Xunta na CRTVG

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición de Lei presentada para garantir o cumprimento da Lei dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia e evitar as inxerencias políticas da Xunta na Corporación, que o PP ten paralizada dende a súa aprobación en 2011.

O responsable socialista criticou que o PP continúe negando a dita inxerencia política cando, dixo, a mesma información dos servizos informativos coas mesmas declaracións de Feijóo pola mañá incluían unha pancarta dun cidadán anónimo sinalando que o PP estaba “falecido por corrupción” que “desapareceu” do informativo da tarde.

A proposta socialista buscaba fixar un prazo de 30 días para comezar co proceso de renovación do director xeral do ente, toda vez que, lembrou, de acordo coa Lei este cargo debe mudar aos cinco anos ven ocupando o posto dende 2009. Tamén fixa un límite para aprobar o contrato programa, un “elemento clave e esencial para o funcionamento da Corporación”, e que debera ser renovado aos 3 anos.

Álvarez reclamou tamén un Estatuto Profesional dos Traballadores, que garanta a “calidade, profesionalidade e independencia dos servizos informativos”, e que inclúe a creación do Consello de Informativos.

Apoio ao sector audiovisual

O Grupo Socialista propuxo ademais adoptar o modelo vasco de apoio ao sector audiovisual, fixando por Lei que a CRTVG destine o 6 por cento dos investimentos a financiar o cine galego, tal e como fai a ETB co cine vasco. Preguntou “por que a televisión vasca pode ter un contrato programa, estatuto profesional, e un apoio decidido e legal ao sector audiovisual e nós non podemos”.

Sinalou que naquela Comunidade Autónoma existe o compromiso de contratar programas a produtoras locais, así como de pagar a dobraxe para asegurar a transferencia de recursos, e teñen a obriga de financiar 180 proxectos a produtoras vascas e investir en 1.100 horas ao ano.

Mentres, dixo, o sector cultural galego permanece precarizado “ata estremos difíciles de entender”, e advertiu que “unha sociedade que non aposta pola industria cultural está abocada á incultura”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar