O PP impide retirar os membretes dos xulgados de violencia de xénero

O PP impide retirar os membretes dos xulgados de violencia de xénero

O PP impide retirar os membretes dos xulgados de violencia de xénero

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou o veto do PP a unha proposición non de Lei para que os sobres dos xulgados de Violencia contra a Muller non leven os membretes propios. A responsable socialista defendeu esta proposta na xuntanza da Comisión de Xustiza que se celebrou hoxe no Parlamento

Patricia Vilán explica que esta proposta responde a “unha medida de discreción necesaria”, tanto por “cuestións de seguridade como para evitar calquera confusión”. Sinala que “garantir a protección e atender ás vítimas deben ser cuestións prioritarias, pero tamén garantir a protección das persoas testemuñas citadas para xuízos por violencia de xénero”.

Sinala que a aparición explícita do membrete nos sobres “é moi delicada porque pode levar a moita confusión”, e propuxo por iso a súa desaparición “coa fin de ter a maior discreción posible”.

Vilán chamou a romper coa “discriminación orzamentaria” por parte do goberno galego contra as actuacións integrais e transversais previstas na Lei Orgánica de 2004, e explicou que “necesitamos un gran pacto contra a violencia contra a muller” tamén en Galicia.

Advertiu que “o dereito penal non pode suplir á política de loita contra a violencia machista” e apuntou a educación, a prevención e a ampliación de recursos para a seguridade das mulleres vítimas como medidas imprescindibles para completar a actuación dende a Xustiza.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar