O PP impide que prospere unha iniciativa socialista para dar a coñecer e regular o acceso ao catálogo de sementes autóctonas

O PP impide que prospere unha iniciativa socialista para  dar  a coñecer e regular o acceso ao catálogo de sementes autóctonas

O PP impide que prospere unha iniciativa socialista para dar a coñecer e regular o acceso ao catálogo de sementes autóctonas

Pablo García propuxo que en dous meses estivera listo un protocolo que garantira a transparencia e a igualdade de condicións ás sementes autóctonas evitando a discrecionalidade con que se produce agora o acceso

Dentro das propostas de busca de xacementos de emprego, estase facendo un oco a agricultura ecolóxica e biodinámica, así como a dinamización de sementes autóctonas, como alternativa aos cultivos industriais.

Para incentivar e axudar neste proceso, os socialistas consideran “necesario facilitar o acceso e difusión de todas as sementes autóctonas que se atopan baixo o control da Xunta de Galicia, de forma transparente e en igualdade de condicións a todos os agricultores que teñan interese en acceder a elas”.

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista defendeu hoxe, na Comisión parlamentaria de Agricultura, unha proposición non de lei pola que se instaba á Xunta á elaboración en dous meses dun protocolo claro, concreto e transparente para que se coñeza por parte dos interesados o catálogo que o Goberno galego posúe.

Unha vez que a Xunta de Galicia fixo un traballo de recuperación e catalogación, e polo tanto contamos cun número importante de sementes de variedades que nestes momentos demanda moitos agricultores e gandeiros, “chegou o momento de que estas pasen a mans dos verdadeiros destinatarios deste traballo”, afirmou García.

O socialista reclamou tamén realizar un procedemento regrado de adquisición de ditas sementes, con todas as garantías tanto para os que desexen adquirilas como para a preservación de ditas especies e tamén de dito “banco de sementes”.

Os argumentos dos populares para votar negativamente a esta iniciativa foron rexeitados polo parlamentario do PSdeG, que se mostrou disposto a eliminar o prazo de execución do protocolo para o despacho das sementes. García advertiu que isto non cambiaría a necesidade de adaptarse aos períodos de plantación.

O deputado socialista denunciou a discrecionalidade coa que se están a distribuír as sementes ante, precisamente, a ausencia do protocolo para acceder ao catálogo de sementes autóctonas.

García non acabou de entender os argumentos da deputada popular Isabel García Pacín, pero afirmou que “o que si é certo e que agora as sementes se reparten a algúns agricultores e outros non teñen acceso”, sen que se coñeza o criterio de reparto, “e estas sementes tampouco poden estar ao alcance de todo o mundo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar