O PP impide que o Parlamento se posicione sobre a reforma da Administración Local, que acabará co municipalismo en Galicia

O PP impide que o Parlamento se posicione sobre a reforma da Administración Local, que acabará co municipalismo en Galicia

O PP impide que o Parlamento se posicione sobre a reforma da Administración Local, que acabará co municipalismo en Galicia

A portavoz do Grupo Socialista de Presidencia, Administración Pública, Xustiza e Interior do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, ven de esixir, a través da defensa dunha Proposición non de Lei, que a Xunta demande ao Goberno do Estado a retirada do anteproxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local.

A mesma iniciativa, rexeitada en Comisión polos populares, reclamaba a creación dunha Comisión non permanente de estudo das bases para a reforma da Administración local, que garanta o principio de autonomía local e afondamento democrático, na que se incorporarán os informes pertinentes dos que dispoña a Administración autonómica.

A parlamentaria socialista salienta que na propia FEMP, con alcaldes de todas as cores políticas se ten manifestado a súa oposición a unha que baleira de competencias aso concellos en favor das deputacións e de outros órganos administrativos.

Con elo, denuncia Sestayo, “favorécese o afastamento da política e a administración dos cidadáns”, que agora elixen de xeito directo aos seus representantes, cuxas competencias pasarían ás deputacións. A portavoz socialista na Comisión 1ª censura que o PP emprenda reformas desde a “prepotente unilateralidade , abusando do poder dunha maioría absoluta na que pretenden amparar a destrución da democracia”.

O verdadeiro obxecto da reforma é, cotinúa a crítica de Sestayo, “vedar a unha gran parte da cidadanía galega de elixir aos que coordinarán os servizos públicos”, cuxa privatización a través das deputacións se facilita a través da devandita reforma.

Condena a complicidade do Goberno galego, que, a diferenza doutras comunidades, queda ao ditado do ministro Montoro, para este “desfaga o noso modelo particular de asentamento no territorio, as comarcas, as parroquias”.

Trátase dunha lei “amplamente contestada”, sinalou a deputada socialista, polo que considerou xustificada a demanda socialista de crear unha comisión parlamentaria no “exercicio das nosas propias competencias”.

Sestayo esixiu unha comisión parlamentaria para que Galicia se posicione ante unha lei que vai cambiar a estrutura institucional, territorial e humana de Galicia e garantir os principios de autonomía local e de afondamento na democracia.

Os socialistas queren “seguir defendendo os servizos públicos, a democracia directa, e a defensa do territorio con sinais de identidade propia”, afirmou Sestayo.

A deputada socialista distinguiu dous modelos diferentes de Administración: o centralizador, do PP, e o descentralizador, dos socialistas. Acusou aos populares de non distinguir nin aplicar a “separación de poderes” entre Goberno e Parlamento. “O Parlamento está para representar a voz dos cidadáns de Galicia”, recriminoulle aos populares. Pero, a xuízo de Sestayo e á vista da actitude do Executivo e o Grupo popular, o papel de Parlamento quedou ven claro: “Parar as lapadas dirixidas ao Goberno do PP”. Unha disciplina férrea de partido coa que “incumpren a separación de poderes, e a defensa do pobo galego”. Os socialistas, dixo Sestayo, “defendemos a Institución Parlamentaria, queremos que o Parlamento tome un posicionamento antes, prioritario”.

A portavoz socialista na Comisión 1ª acusou aos populares de estar de acordo coas “privatizacións, os tarifazos e as deputacións”. Censurou que o PP non apoie esta iniciativa, “a pesares de que a reforma acaba co municipalismo no territorio galego”, advertiu. Sestayo rematou dirixíndose aos parlamentarios populares cun “feliz servilismo, señorías!”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar