O PP impide prohibir o reparto dun libelo homófobo nas escolas galegas

O PP impide prohibir o reparto dun libelo homófobo nas escolas galegas

O PP impide prohibir o reparto dun libelo homófobo nas escolas galegas

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez Martínez, lamentou hoxe o “papelón” xogado polo PP na Comisión de Cultura ao rexeitar unha proposición non de Lei socialista para prohibir o reparto dun “libelo homófobo sen precedentes” nos centros de ensino de Galicia.

O responsable socialista reclamou hoxe o cumprimento da Lei nos centros públicos e privados impedindo o reparto da publicación da organización conservadora Hazte Oír, baixo o título “Sabes o que lle queren ensinar aos teus fillos no colexio?” e que “ataca duramente á educación no respecto á diversidade sexual e de xénero”.

Álvarez alerta das afirmacións da dita publicación, que ataca á “proliferación” de leis autonómicas “que buscan impoñer na sociedade a ideoloxía de xénero” e cos que os gobernos “adhírense á corrente ideolóxica defendida polos lobbies do feminismo radical e LGTBI”.

O responsable socialista amosa a súa “fonda preocupación e máximo rexeitamento” a esta propaganda “contraria aos valores contidos no noso ordenamento xurídico, de tolerancia, respecto á diversidade e a non discriminación”. Traslada a súa confianza no traballo do profesorado para desenvolver unha educación en valores en defensa destes principios, e lembra que o alumnado LGTBI “é un dos que máis sofre o acoso escolar”.

Os socialistas galegos consideran “imprescindible que se cumpran todas as medidas legalmente establecidas para garantir o benestar das nenas, nenos e novos LGTBI nos colexios e institutos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar