O PP impide pedir traballo decente para as traballadoras do fogar

O PP impide pedir traballo decente para as traballadoras do fogar

O PP impide pedir traballo decente para as traballadoras do fogar

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista dirixida a reducir a precariedade laboral e ratificar o convenio da OIT sobre o “traballo decente” para as traballadoras do fogar. Blanco presentou esta proposta na Comisión de Política Social que se celebrou hoxe na Cámara autonómica.

A responsable socialista acusou hoxe ao PP de “volver de novo a poñerlles a cofia” a estas traballadoras, demostrando “o predominio do clasismo e do machismo na súa vontade política”. Advertiu que España é un dos países que máis emprego doméstico utiliza, en torno a 700.000 traballadoras, 28.000 delas en Galicia, a pesares do que “empéñanse en ser os últimos de Filipinas en recoñecerlles uns mínimos dereitos laborais”.

Blanco reivindicou “acabar dunha vez por todas coa tripla discriminación deste colectivo predominantemente integrado por mulleres traballadoras, en máis dun 80 por cento, e do que ademais a metade son migrantes. Advertiu o “valioso traballo” que desempregan a pesares de ser “invisible, pouco ou nada valorado e se recoñecemento social”, a pesares de soster moito dos nosos fogares.

Lamentou o veto do PP contra unha proposta que defendía a loita pola dignidade das mulleres, serviría para aflorar boa parte da economía mergullada e suporía un impulso á igualdade de xénero.

Lembrou que foi o goberno de Zapatero o que lexislou para obrigar a dar de alta a estas traballadoras na Seguridade Social, garantindo uns mínimos dereitos. Esta medida foi derrubada polas contrarreformas do PP, que no ano 2012 “devolveunos ao réxime anterior da chacha con cofia”, unha situación na que “polo visto atópase moi cómodo o goberno de Galicia”.

Os socialistas reivindicaban a posta en marcha dun plan consensuado cos axentes sociais “para reducir a precariedade laboral entre as empregadas do fogar en Galicia”, así como pedirlle ao Goberno de España que ratifique o convenio 189 da OIT sobre o traballo decente para as traballadoras e traballadores domésticos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar