O PP impide no Parlamento a equiparación do trato fiscal dos pensionistas emigrantes retornados

O PP impide no Parlamento a equiparación do trato fiscal dos pensionistas emigrantes retornados

O PP impide no Parlamento a equiparación do trato fiscal dos pensionistas emigrantes retornados

Carmen Gallego advirte que un pensionista con ingresos de 1.200 euros netos está exenta de declarar, mentres un pensionista emigrante con 900 euros e dous pagadores si ten que declarar e pagar.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, cualificou de “indecente” que o PP teña rexeitado hoxe a proposta socialista para equiparar o trato fiscal dos pensionistas emigrantes retornados co resto dos pensionistas galegos.

A deputada socialista advertiu que, mentres unha persoa que perciba 1.200 euros netos está exenta de declarar, un pensionista emigrante retornado que cobre 900 euros si que está obrigada por ter dous pagadores está obrigada a presentar a súa declaración e pagar. Os socialistas galegos reclamaron hoxe a equiparación das tributacións e da renda mínima exenta dos pensionistas con mais dun pagador coas que teñen un só pagador.

Esta diferenza de trato fiscal constitúe o cerne da campaña da Axencia Tributaria para impoñer sancións e intereses de demora aos pensionistas emigrantes retornados que non declararon a súa pensión por non ser informados debidamente. Alertou que malia o acordo unánime do Parlamento en contra destas sancións, o certo é que hai unha parte importante do acordo incumprida, nomeadamente no caso os convenios con terceiros países.

Gallego advertiu que malia que o goberno ten anunciado a devolución das sancións, o certo é que a Axencia Tributaria, que iniciou de oficio os expedientes, obriga a que sexan os pensionistas os que inicien un novo expediente para obter as devolucións. Ademais, engadiu, hoxe continúan a chegar notificacións do cobro de intereses de demora e das ditas sancións.

Ademais, denunciou unha nova discriminación por parte do goberno central, que agora obriga a pagar os ditos intereses e sancións aos pensionistas que tiveran un seguro privado, en moitas ocasións imposto no propio contrato de traballo no estranxeiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar