O PP impide mellorar as condicións dos axentes forestais e medioambientais

O PP impide mellorar as condicións dos axentes forestais e medioambientais

O PP impide mellorar as condicións dos axentes forestais e medioambientais

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, presentou unha moción no Pleno do Parlamento con melloras laborais para os axentes forestais e medioambientais. O responsable socialista amosou a súa sorpresa polo veto do PP a esta iniciativa con medidas xa incluídas na proposta de ditame presentada polo mesmo PP á Comisión de Política Forestal.

O responsable socialista acusou ao PP de “seguir ancorados no modelo dos anos 90” e criticou a súa hipocresía ao vetar “acordos polos que avogan pero que non apoian” á hora da votación. Aludiu así tanto ás medidas desta moción incluídas na proposta do PP para a Comisión de Política Forestal como as que coinciden cos compromisos acadados pola conselleira de Medio Rural no Pleno anterior.

Díaz Villoslada censurou a negativa do goberno galego a recoñecer as condicións de traballo e operativas destes máis de 500 empregados públicos autonómicos que traballan como axentes forestais e medioambientais.

Neste sentido acusou á Xunta de provocar a paralización do proceso de negociación con este colectivo ao pretende que incrementen o horario nocturno en 60 horas sen compensación, ademais de furtar as compensación nos casos de que teñan que prescindir de vacacións polo alto risco de incendios.

Os socialistas presentaran hoxe 9 puntos para “tratar de mellorar as condicións de traballo dos axentes e mellorar organizativa e operativamente o funcionamento das brigadas de loita contra os incendios forestais.

Díaz Villoslada solicitou un réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos con especial atención á redución de horarios ata igualalo ao resto do persoal da Xunta. Tamén solicitou a mellora do complemento específico, e o recoñecemento da segunda actividade, saúde laboral e programas de igualdade e conciliación, así como un réxime de uniformidade, armamento e medios de traballo.

Reclamou un regulamento de funcións xerais e específicas da escala de axentes técnicos en xestión medioambiental, en materia forestal, a modificación das relacións de postos de traballo para incluír a escala de axentes técnicos en xestión medioambiental adscrita ao grupo B.

Os socialistas levaron ao Parlamento o compromiso do goberno galego de crear 30 novas prazas, así como a implantación dunha estrutura de carreira administrativa e promoción profesional, e o aumento progresivo do paríodo de actividade do persoal fixo discontinuo e a creación de prazas anunciadas nas mesas de negociación.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar