O PP impide limitar a proliferación de gasolineiras sen empregados

O PP impide limitar a proliferación de gasolineiras sen empregados

O PP impide limitar a proliferación de gasolineiras sen empregados

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou o veto por parte do PP a unha proposta socialista dirixida a limitar as gasolineiras sen empregados e empregadas. O responsable socialista lembrou que o propio CNMC constatou que esta práctica en realidade non repercutía no descenso de prezos, senón no incremento de beneficios das empresas e nun peor servizo.

Losada acusou ao PP e ao goberno galego de defender “mucha pasta para uns poucos e peor servizo e maiores prezos para a maioría”, mantendo a Galicia como a Comunidade Autónoma cos prezos máis altos da península, a pesares de contar cunha refinería propia na Coruña. Reclamou “solucións” para o mercado dos combustibles e das diferenzas de ata 6 céntimos por litro de combustible segundo o lado da fronteira da provincia.

O responsable socialista puxo como exemplo o caso de Madrid e outras oito comunidades autónomas “de tódalas cores políticas” que xa teñen regulado para impedir esta práctica por parte dos titulares das estacións de servizo na busca do máximo beneficio.

Lembrou que o prezo do combustible repercute, ademais de nos petos particulares, na propia economía da Comunidade Autónoma, que padece un retardo -“perversa inelasticidade”- á hora de reducir prezos cando baixan os prezos dos hidrocarburos , e como contraste unha “sorprendente elasticidade” á hora de subilos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar