O PP impide inspeccionar o cátering dos centros públicos en mal estado

O PP impide inspeccionar o cátering dos centros públicos en mal estado

O PP impide inspeccionar o cátering dos centros públicos en mal estado

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, amosou hoxe o seu “asombro” polo veto do PP a unha iniciativa socialista debatida hoxe en Comisión para inspeccionar o servizo de cátering nos servizos públicos e situar como criterios prioritarios a calidade, a orixe galega dos produtos e a proximidade antes que o prezo.

Gallego lembrou as reiteradas denuncias en centros públicos sobre a calidade da comida, procedentes nomeadamente dende Anpas de colexios infantís como O Pitaño de Vilagarcía, ou centros de día como o de Tomiño, que logo das denuncias do ano pasado neste mesmo verán estanse a repetir as protestas por comida en mal estado, de mala calidade ou ínfima calidade.

A deputada socialista apunta a que o problema radica en que o goberno galego rebaixou o prezo no contrato do servizo, que finalmente gañan empresas que ofrecen unha menor calidade no servizo. Sinalou o caso de Tomiño, onde a comida pasou de ser servida por unha cooperativa local a unha empresa de fora de Galicia aínda que con domicilio en Santiago de Compostela, e que é a que entrega a comida en malas condicións.

Alertou que esta situación afecta a “centros de día, residencias, escolas infantís que acubillan a persoas maiores, persoas con discapacidade, persoas dependentes ou menores aos que se lles ofrece comida de calidade deficiente, en ocasións medio crúa e noutras con síntomas de manipulación indebida na súa conservación”.

Iniciativa

Os socialistas reclamaran a posta en marcha dunha inspección en tódolos centros públicos sostidos con fondos públicos “para testar a calidade da comida servida ás persoas usuarias e tomar as medidas oportunas con respecto ás empresas que prestan o servizo de cátering neses centros”.

Ademais, inclúe “esixir como criterios prioritarios e excluíntes, denantes que o prezo, que os servizos de comida aos centros públicos se fagan con criterios de calidade, orixe galega e proximidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar