O PP impide incluír a vacina da meninxite B no calendario galego

O PP impide incluír a vacina da meninxite B no calendario galego

O PP impide incluír a vacina da meninxite B no calendario galego

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe ao PP que “a pesares do problema de desabastecemento non fagan un problema de desatención”. Así o dixo logo de que o PP anunciara o veto na Comisión de Sanidade a unha proposta socialista para incluír a vacina da meninxite B no calendario vacinal e garantir a presenza de doses nas farmacias.

O responsable socialista alertou do “desasosego e inquedanza” que está a provocar nas familias galegas a xestión das vacinas por parte do goberno galego. Hoxe, recapitulou, os galegos e galegas teñen serios problemas para conseguir nas farmacias as doses para os seus fillos, mentres a Xunta, lonxe de incluíla no calendario, anuncia restricións ademais no tétano ou a difteria.

Explicou que en Ourense non hai doses, en Pontevedra teñen menos de 3 por farmacia, con esperas de máis dun ano, en A Coruña hai unha por farmacia, en Lugo o desabastecemento aumentou un 40 por cento e mesmo o norte de Portugal está empezando a sufrir carencia pola alta demanda de galegos que viaxan ás farmacias.

Torrado acusou ao goberno galego de realizar a planificación vacinal “a expensas do que digan as farmacéuticas, que responden a criterios meramente empresariais”. A ausencia de doses actualmente, explica, supón a “evidencia da falla de previsión, ausencia de planificación e adiamento do problema confiando en que se reducira a demanda”.

Do contrario, dixo, logo de nove meses, o tempo necesario para producir as vacinas, estas deberan estar no mercado, pero “a realidade é que duplicouse o prazo e seguimos co mesmo problema de desabastecemento, o que evidencia que non houbo previsión”.

O responsable socialista reclamou así a incorporación da vacina da meninxite B ao calendario autonómico atendendo a “criterios médicos” e animou ao PP a “ser conservadores e manter a maior protección posible na sanidade” porque, concluíu, “é mellor previr que lamentar”.

Hepatite C

Julio Torrado empregou a súa intervención para alertar ademais do “declive argumental que empeza a ser perigoso” con relación aos altos cargos do Sergas investigados por prevaricación e homicidio imprudente ao restrinxir os tratamentos da hepatite C.

Advertiu que o pasou de ser “indignas acusacións”, como o cualificou o propio Feijóo, pasou a que o conselleiro recomendara agardar ao pronunciamento dos xulgados e “agora xa empezan a repartir a culpa”. Sinalou que “isto quere dicir que o primeiro que dixeron non era certo, o segundo tampouco e agora non podemos fiarnos do que digan”.

Tamén fixo unha valoración dos cambios nas xerencias hospitalarias de Galicia, saudando a retirada do responsable de Pontevedra, como requirían os socialistas logo das acusacións de vulnerar os principios de igualdade, mérito e capacidade no concurso para xefe do Servizo de Psiquiatría.

Saudou tamén a retirada da xerente da área de Ourense, como tamén teñen solicitado os socialistas, e lamentou que “neste caso, onde uns gañan, outros teñen que perder, como é o caso de Santiago”, o novo destino da alto cargo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar