O PP impide en Galicia a derrogación do canon da auga que esixe en Andalucía

O PP impide en Galicia a derrogación do canon da auga que esixe en Andalucía

O PP impide en Galicia a derrogación do canon da auga que esixe en Andalucía

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento celebrada hoxe unha proposición non de Lei para que a Xunta derrogue a Lei de Augas e o seu Regulamento que impoñen o canon da auga e o coeficiente de vertedura.

Vilán lamentou que o PP teña votado hoxe en contra desta iniciativa, mantendo dúas taxas que lle supuxeron un custe de 40,8 millóns de euros a tódolos galegos en 2013 mentres en Andalucía reclaman a derrogación dun canon da auga “absolutamente proporcional” e que supuxo unha recadación de menos de 3 millóns de euros.

A responsable socialista lembrou que o goberno galego xustificou a imposición destas novas taxas para impor un aumento desproporcionado do prezo da auga na necesidade de financiamento de novas infraestruturas hidráulicas. Subliñou que as ditas infraestruturas “ou ben se financian polo Estado, como é o caso da edar de Ribeira, ou ben seguen en espera, como a de Poio - Sanxenxo”.

Esixiulle á Xunta que “non minta” aos galegos e galegas para xustificar a constante imposición de novas taxas, que “son tributos que non teñen unha finalidade específica”, e que “por unha vez tenten de ser coherentes e abandonen a súa permanente contradición” entre as súas posturas cando son oposición e cando son goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar