O PP impide devolverlle a equidade ao sistema de bolsas universitarias

O PP impide devolverlle a equidade ao sistema de bolsas universitarias

O PP impide devolverlle a equidade ao sistema de bolsas universitarias

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, lamentou hoxe que o PP teña anunciado vetar, na votación de mañá, a proposta presentada polos socialistas no Pleno do Parlamento para devolverlle a equidade ao sistema de bolsas universitarias. Burgo acusou á Xunta de respaldar un sistema “retrógrado e elitista que non funciona” herdanza do ministro Wert.

A responsable socialista advertiu que os decretos de ensino de 2012 e 2013 puxeron patas arriba o sistema de axudas ao estudo, dinamitando un modelo concibido para garantir a igualdade de condicións aos alumnos e alumnas con maiores dificultades económicas. O aumento dos requisitos académicos primeiro, e o cambio de tipoloxía e a diminución das contías das axudas despois, acabaron por dinamitar o modelo.

A consecuencia, dixo, foi o “empobrecemento da capacidade económica dos alumnos e alumnas universitarios” e a ruptura da equidade, que confirmou a máxima de Wert de que “sobran universitarios” pero, puntualizou Burgo, “os que sobran para vostedes son os das familias con menos posibilidades económicas”.

O resto, explicou, só poden seguir estudando cando obteñen un 6,5, o mínimo para obter unha bolsa, e cando poden afrontar a redución das axudas á metade. Lembrou así os informes da Conferencia de reitores Universitarios, que advertiron que este sistema expulsou do sistema de bolsas a 53.000 estudantes no curso 2014-15, e triplicou o número de alumnos que só recibiron axuda para o pago da matrícula.

En Galicia, dixo, o importe medio das bolsas descendeu un 29 por cento en Galicia entre 2012 e 2014, nunha etapa na que malia manterse a contía das matrículas, os alumnos perderon 1.000 euros de axuda como media, e reduciuse nun dez por cento o número de estudantes con axuda.

Estes problemas, sinalou, non se arranxan coas bolsas ofrecidas pola Consellería de Educación que, explicou, “só concede bolsa a 3 de cada 10 solicitantes”, o que evidencia, dixo, que “algo está a fallar”.

Advertiu que os estudantes galegos sen medios “cada vez teñen máis dificultades para acceder á Universidade”, e reclamou “cambiar xa todas estas modificacións e volver ao modelo anterior” ademais de implantar unha “Bolsa de Rescate” que permita o retorno ao sistema dos alumnos que perderon as axudas grazas aos criterios de Rajoy.

Os socialistas reclamaron recuperar o sentido das bolsas “como dereito subxectivo” para impedir que “ningún estudante que cumpra os requisitos quede sen beca por cuestións orzamentarias”.

Propuxo convocar con urxencia o Observatorio de Becas para emitir un infome preceptivo antes das convocatorias anuais de bolsas e axudas ao estudo. Reclamou tamén suavizar os requisitos académicos, establecer “criterios claros, obxectivos e ponderables” para a súa concesión, revisar os topes de renda e patrimonio, recuperar as dotacións das Bolsas Séneca e establecer un novo marco estatal de prezos de matrícula equitativo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar