O PP impide contratar a 10.000 mozos e mozas

O PP impide contratar a 10.000 mozos e mozas

O PP impide contratar a 10.000 mozos e mozas

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista que pedía contratar a 10.000 mozos e mozas durante tres anos, apoiando a contratación durante os dous primeiros anos e a conversión en contratos indefinidos no terceiro ano. A proposta foi presentada na Comisión de Emprego, hoxe no Parlamento.

A deputada socialista acusou ao PP de “deixar Galicia baleira de talento” e poñer “en risco o presente e o futuro deste país” coas súas políticas de “precarización e recortes” ao reducir nun 28 por cento as partidas para incentivar a contratación. Ademais, advertiu que executaron tan só 5 millóns dos 39 incluídos no Plan de Garantía Xuvenil 2014-2017, cando apenas quedan dez meses para a súa finalización.

Noela Blanco centrouse así na situación dos mozos e mozas, con 85.000 ocupados menos de entre 16 e 29 anos en Galicia con respecto a 2009, co que “grazas a vostedes teñen tres saídas: por terra, mar ou aire”. Sinalou así que por cada universitario que pode vir a Galicia a traballar outros dous teñen que irse “a Londres ou Berlín a fregar pratos cun título universitario debaixo do brazo”.

Taxa de emancipación

Grazas ao seu “desleixo”, dixo, Galicia é hoxe a terceira Comunidade Autónoma co salario medio máis baixo do Estado, e ten a segunda taxa de emancipación máis baixa do Estado, un 62,4 por cento, dez puntos por debaixo da media e só por enriba de Canarias. A deputada socialista sinalou o aumento da pobreza entre a mocidade nun 37,2 por cento como exemplo “da desigualdade que as súas políticas está creando”.

Acusou ao goberno galego de utilizar a crise económica como “escusa para aplicar retallos en emprego, dinamitar a calidade e a estabilidade laboral, que deixa como damnificados a tódolos traballadores, nomeadamente aos mozos, ás mulleres e aos parados de longa duración”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar