O PP impide ampliar o patrimonio arquitectónico galego actual

A portavoz de Vivenda e Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, María Pierres, presentou hoxe unha proposición non de Lei na que reivindicou unha maior protección para o patrimonio arquitectónico galego posterior a 1965. A iniciativa, debatida na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia, foi vetada polo PP.

A responsable socialista sinala que a limitación para a protección da arquitectura moderna fixa como fronteira o ano 1965, e a partir de aí as medidas para a súa protección requiren dun “estudo pormenorizado”. A realidade é que a arquitectura do segundo terzo do século XX “careceu dun nivel de protección acorde á importancia das numerosas construcións que por este motivo resultaron destruídas ou deformadas”.

O debate xurdiu a raíz da desaparición da Casa Guzmán, do arquitecto Alejandro de la Sota, construída en Algete –Madrid- en 1979 e demolida este mesmo ano, o que obriga a “reflexionar seriamente sobre o nivel de protección sobre este tipo de arquitecturas que son modelo e testemuña dun momento de cambios na arquitectura”.

Galicia tamén conta con inmobles deseñados polo arquitecto, nomeadamente en A Caeira, en Poio, así como outros exemplos de arquitectura actual, como o Refuxio da Roiba de Vázquez Molezún, cosntruída en 1967 en Bueu. Galicia acolle “obras significativas doutros arquitectos como Basilio de Bas e Bar Boo, ou incluso máis recentes como algunhas das obras de Manolo Gallego e César Portela”.

“Obras de arquitectos –continúa Pierres- da talla do portugués Premio Pritzker da arquitectura Álvaro Siza, con varios exemplos no noso territorio, outras singulares como a vivenda de Chipperfield en Corrubedo”, e outras.

Sinala que “a falla de protección de todas estas arquitecturas as expón á súa desaparición temperá, máis aínda cando os seus promotores non poden acceder a axudas que contribúan ao seu mantemento, especialmente cando estamos a falar de arquitecturas de marcado carácter singular”.

Iniciativa

Por iso reclama iniciar con urxencia un estudo en colaboración con expertos e colexios profesionais “que inclúa todo o ámbito galego e que sirva de base para obter unha relación das edificacións posteriores ao ano 1965 e que sexan susceptibles dalgún tipo de protección”.

Ademais propón realizar unha campaña de posta en valor das arquitecturas protexidas de Galicia, especialmente das máis modernas e contemporáneas, que permita á cidadanía entender o seu especial valor, máis alá da súa antigüidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar